Inicio Baixo Miño A Guarda O Mercado da Guarda camiña cara á excelencia

O Mercado da Guarda camiña cara á excelencia

O Mercado da Guarda camiña cara á excelenciaO Concello continúa dando pasos para converter a praza de abastos nun mercado de excelencia

A obra acometerá melloras no solado do primeiro andar, concretamente procederase a substituír o actual solado por gres cerámico antibacteriano. Ademais realizarase o acondicionamento de dous postos, un anexo á terraza e outro máis no mesmo andar, de cara a abrir nos próximos meses un procedemento de presentación de ofertas para a adxudicación deses postos e outros do andar baixo que se atopan vacantes na actualidade.

Con esta reforma na terraza preténdese habilitar unha zona de lecer das persoas que van á praza e, na que nun futuro, se podería complementar o uso cunha cafetería, despacho de pan ou similar.

Nas vindeiras semanas arrancarán as obras de mellora que afectarán ao primeiro andar do mercado municipal, e sobre as que destaca a actuación para a apertura da terraza á rúa Concepción Arenal.

Tralas obras levadas a cabo en anos anteriores (habilitación de prazas de aparcamento, mellora na accesibilidade ou saneamento), esta actuación vai dirixida a modernizar unhas instalacións municipais que actúan como dinamizadores da actividade comercial da vila.

Estas obras levaranse a cabo con achegas da Consellería de Medio Rural e da Deputación de Pontevedra.

Esta actuación será complementada cun proxecto de mellora estética para o cal se fará un concurso de ideas aberto a persoas vinculadas co interiorismo e a arquitectura.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies