·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVal MiñorNigránUnha novidosa APP única en Galicia facilitará o emprego das prazas de...

Unha novidosa APP única en Galicia facilitará o emprego das prazas de aparcamento para discapacitados en Nigrán

Imaxe dos enxeñeiros co alcalde explicándolle o sistema a usuarios e persoal do Centro Juan María.

A aplicación Parking Gapp, desenvolvida pola empresa galega Imagina Ingenio SL, funciona con éxito en Beasain (País Vasco) desde o ano pasado e se incorporará este ano ao municipio dentro do proxecto ‘Un Nigrán para todos’

O Concello de Nigrán dará un paso máis no seu proxecto ‘Un Nigrán para todos’ de eliminación de barreiras físicas e cognitivas facilitando o emprego das prazas de aparcamento habilitadas para persoas discapacitadas mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia e que en España só funciona en Beasain (País Vasco). Así, o goberno  local consignará 9.500 € do vindeiro orzamento á instalación da tecnoloxía Parking Gapp, desenvolvida pola empresa galega Imagina Ingenio S.L, con longa traxectoria en solucións IOT, para monitorizar mediante sensores 30 prazas do casco urbano de Nigrán.

O obxectivo é que o usuario coñeza en tempo real a través a aplicación móbil onde atopar unha praza para discapacitados libre e, ao mesmo tempo, a información obtida permitirá ao Concello xestionar a súa distribución de xeito eficiente en función da ocupación.

Esta tecnoloxía gratuíta para o usuario funciona desde o ano pasado en Beasain (País Vasco) con gran éxito, sendo Nigrán o segundo municipio de España onde estará operativo durante 2021. “Beasain é un municipio de paso para moitas persoas e nese sentido a aplicación é moi interesante porque para o que  non coñece o lugar dá moita seguridade contar cunha app que ubica as prazas e te dirixe a elas de xeito sinxelo e intuitivo, así que en Nigrán será moi positivo non só para os seus veciños, se non para calquera persoas de fora”, explica Sergio Dávila, cofundador da empresa.

A monitorización das 30 prazas se realizará mediante a colocación de sensores sobre o asfalto que detectan se un vehículo está aparcado ou non, e o usuario obtén a información en tempo real a través da aplicación móbil gratuíta Parking Gapp. Esta tecnoloxía desenvolvida a través de redes Narrowband é empregada actualmente en moitas cidades para facilitar diferentes aspectos da vida cotiá dentro do concepto coñecido como ‘smart city’.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies