spot_img
InicioBaixo MiñoO meixón protagonista gastronómico en abril en Tui

O meixón protagonista gastronómico en abril en Tui

O meixón protagonista gastronómico en abril en TuiO meixón é o protagonista gastronómico en Tui durante este mes de abril con motivo das Festas de San Telmo. 

Hoxe comeza a Festa do Meixón, en cinco restaurantes tudenses que se sumaron á proposta do Concello de Tui para enxalzar este prato e ofrecer durante estas semanas este prezado produto.

Onte presentouse este festexo gastronómico, un acto no que o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, convidaba a gozar deste evento, e agradecía a implicación por parte dos restaurantes que se suman á festa. Destacaba Enrique Cabaleiro esta festa coma “significativa e importante” polo seu valor gastronómico, e por ser unha das dúas deste produto que se celebran en España. Sinalaba o rexedor tudense sobre o meixón que “este é un produto identitario da nosa gastronomía que forma parte das nosas raíces culinarias”.  Engadía que A administración debe facer o posible por tratar de potenciar este produto, que non deixa de ser un reclamo que redunda positivamente no comercio e na hostalería local.

Na presentación as cociñeiras e cociñeiros dos restaurantes participantes eran os encargados da preparación do meixón. Pilar Blanco, veterana cociñeira do Restaurante El Molino destacaba coma o secreto na preparación do meixón está en “darlle o punto”. Canda a ela estaban María Domíguez do Novo Cabalo Furado, Miguel Rodríguez e Emilio González do Parador, Manu Garrido de La de Manu e Paulo Salvado de Asador Paulo. E para acompañar este suculento prato nada mellor que un viño de produtores locais coma é a adega do Vimbio. Esta mañá Martín Crussat explicaba as característicos do viño Vimbio, un albariño que “tentamos que reflicta a alma e o espírito dos viños que se bebían antigamente: pouca intervención e moito cariño”.

Dende mañá no Asador Paulo,  El Molino, La de Manu, O Novo Cabalo Furado, e no Parador de Tui poderase degustar, previa reserva en cada establecemento, a ración, con pan e unha copa de viño a un prezo de 69 €. O produto é subministrador por Angulas Río Miño e Angulas Miño.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.