spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Mecalia Guardés consegue en Donostia o SubCampionato da Copa da Raíña...

O Mecalia Guardés consegue en Donostia o SubCampionato da Copa da Raíña de Balonmán

O Mecalia Guardés consegue en Donostia o SubCampionato da Copa da Raíña de BalonmánO Mecalia Guardés que conseguiu en Donostia o SubCampionato da Copa da Raíña tras un vibrante partido ante o Costa do Sol de Málaga no que as xogadoras da Guarda fixeron o imposible pola vitoria que finalmente non puido ser despois do esforzo que fixeron na intensa semifinal gañada o sábado ante as favoritas do Bera Bera.

Revista COUSAS DE Nº13

O deputado de Deportes, Gorka Gómez acompañou ao Guardés, a súa directiva e a súa afección no Illunbe Estadio de Donostia xunto aos presidentes da Federación Galega e da Federación Española de Balonmán.

O deputado xa avanzou que a plantilla do Mecalia Guardés será recibida na Deputación de Pontevedra pola presidenta Carmela Silva “para unha homenaxe máis que merecida”. “Ninguén debe esquecer, recordou, que falamos dun equipo que ven dunha vila pequena e que está a altura dos máis grandes do Estado levando o nome da provincia por toda Europa. Teñen moitísimo mérito”, rematou.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.