O salón de Plenos do Concello de Ribadumia acolleu a presentación oficial da XLIX Festa do Viño Tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonas.
Tal e como dixo o alcalde, David J. Castro Mougán, recupérase a edición tradicional ao completo, con xantar, música e festexos amenizados por orquestas de renome.
Tamén se celebrarán as actividades da época pre-covid, catas, concursos, e o tradicional Xantar de Confraternidade.
Dende o Concello informan que irán avanzando a programación a medida que teñan o cartel totalmente pechado pero non queren deixar de convidar a todo o mundo a visitar o municipio nesta festa tan querida para eles.