spot_img
InicioVigo e áreaVigoO MARCO programa 4 días de actividades para celebrar o Día Internacional...

O MARCO programa 4 días de actividades para celebrar o Día Internacional dos Museos

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO) abre de novo as súas portas ao públicoO Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO), celebra unha data tan especial con obradoiros para público infantil e adulto, que se escalonarán durante catro días consecutivos, do 18 ao 21 de maio, xunto a visitas guiadas á exposición 4 PROXECTOS e actividades do Club de Lectura.

As actividades xirarán ao redor da exposición “4 PROXECTOS. Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás, Mar Vicente”, recentemente inaugurada nas salas da planta baixa. O diálogo cos distintos espazos, que está na base deste proxecto expositivo, será o eixe condutor dos percorridos e talleres sobre a obra de cada artista.

En liña co lema do ICOM para esta edición, trátase de crear, imaxinar e compartir propostas contemporáneas partindo, neste caso, dun patrimonio arquitectónico como é o propio edificio do MARCO e os espazos que o conforman.

O MARCO programa 4 días de actividades para celebrar o Día Internacional dos Museos

O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2021

O Consello Internacional de Museos (ICOM) creou o Día Internacional dos Museos en 1977 para sensibilizar o público sobre o papel dos museos no desenvolvemento da sociedade. Dende entón, cada 18 de maio miles de museos de países e territorios en todo o mundo celebran este día en torno ao tema elixido polo ICOM para cada edición —incluído o pasado 2020, cun altísimo índice de participación a pesar das limitacións impostas por un formato exclusivamente dixital.

A crise da Covid-19, propagada polo mundo enteiro, tivo graves repercusións no sector cultural a curto e longo prazo. Non obstante, tamén serviu de catalizador para innovacións cruciais que xa estaban en marcha. En particular, un maior enfoque cara á dixitalización e a creación de novas formas de experiencia e difusión, e o reforzo do potencial creativo da cultura como motor de recuperación e innovación na era post-Covid.

Co tema “O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”, o Día Internacional dos Museos 2021 invita aos museos, aos seus profesionais e ás comunidades a crear, imaxinar e compartir novas prácticas de (co)creación de valor, novos modelos de negocio para as institucións culturais, e solucións innovadoras para os retos sociais, económicos e ambientais do presente.

 

ACTIVIDADES

“O futuro dos museos: Recuperar e reimaxinar”

CALENDARIO E HORARIOS:

  • Martes 18, mércores 19, xoves 20

Actividades e obradoiros para público infantil, en torno á exposición “4 PROXECTOS”

Destinatarios: público infantil a partir de 3 anos

Horarios:

De 17.00 a 18.30 participantes de 3 a 6 anos

De 19.00 a 20.30 participantes de 6 a 12 anos

  • Venres 21 maio

Obradoiro para público adulto, en torno á exposición “4 Proxectos”

Destinatarios: público adulto en xeral (reserva preferente membros AAM Agrupación Amiga do MARCO)

Horario: ás 18.00

  • Martes 18, mércores 19, xoves 20, venres 21 maio

Visitas á exposición “4 Proxectos” guiadas por monitores MARCO

Destinatarios: público en xeral

Horario: ás 12.00

  • Venres 21 de maio

Visitas á exposición “4 Proxectos” guiadas por artistas participantes

Destinatarios: actividade exclusiva para membros AAM Agrupación Amiga do MARCO

Horarios:

Ás 17.00: visita con Rosendo Cid. “Todo aquilo que acontece e con todo non é”

Ás 19.00: visita con Mónica Alonso. “A maxia do colibrí. Seis casos desesperados”

  • Mércores 19, venres 21 maio

Sesións Club Lectura

Destinatarios: participantes Club Lectura #BiblioMARCO

Horarios:

Mércores ás19.00 = Grupo virtual por Zoom

    • Mark Oliver Everett. Cosas que los nietos deberían saber

Venres ás 19.00 = Grupo presencial

    • Julian Barnes. O ruido do tempo

INSCRICIÓN ACTIVIDADES:

A partir do venres 14 de maio en Taquilla MARCO

Tel. 986 113900 (extensión 100)

recepcion.marco@gmail.com

Horario taquilla: de martes a venres de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 (domingos de 11.00 a 14.30)

O MARCO programa 4 días de actividades para celebrar o Día Internacional dos Museos

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.