spot_img
InicioVal MiñorBaionaMarcha contra os eólicos na Serra da Groba

Marcha contra os eólicos na Serra da Groba

Marcha contra os eólicos na Serra da GrobaCentos de persoas participaron este domingo, 16 de maio, nunha marcha en defensa da Groba e contra o Modelo Enerxético plantexado que pretende instalar 44 aeroxeradores repartidos en seis Parques Eólicos por toda a Serra.

Cun  percorrido duns seis quilómetros, a saída tivo lugar ás 11 da mañá dende o Alto da Mata  con chegada ao Alto da Groba e O Montouto e posterior regreso ao punto de partida. Foi organizada pola asociación SOS Serra da Groba e o Instituto de Estudos Miñoráns e co apoio de máis de 60 colectivos.

Ao final do percorrido, alcaldes e alcaldesas da comarca foron convidados para a lectura dun manifesto.

Oposición á instalación dos parques eólicos

A instalación masiva de parques eólicos por toda Galicia está a levantar moita oposición social  e o Val de Miñor non é unha excepción

Nos últimos meses, as grandes empresas do sector eólico retomaron a tramitación e desenvolvemento das infraestruturas eólicas impulsadas pola Xunta de Galicia. Na Serra da Groba está prevista a instalación de 44 aeroxeradores e na do Galiñeiro 13.

- Publicidade -spot_img