Paradores participará na edición de Fitur 2021 “Especial Recuperación Turismo”, que se celebra en Madrid do 19 ao 23 de maio cun `stand´ dedicado á natureza que rodea a boa parte dos seus establecementos.
`Stand´ sostible e seguro
Paradores participa nesta edición de Fitur cun `stand´ no que se unen seguridade e sustentabilidade.
O `stand´ ten unha distribución moi aberta que garante a máxima ventilación natural. Unha malla tridimensional de estadas de aceiro que semella unha nube, sostén unha retícula con 92 xardineiras de plantas naturais colgadas do teito a tres metros de altura e teas tensadas a modo de tabiques. Como noutras ocasións, o espazo está adaptado para a participación de persoas con mobilidade reducida.
Paradores presentará na feira “Natureza para os sentidos”, un programa de experiencias para promover un ecoturismo sostible e responsable
Para a construción apostouse, fundamentalmente, por materiais reutilizables que permitirán alcanzar un compromiso de cero residuos no desmonte e unha pegada de carbono neutra. Ademais das estadas de aceiro como material principal, emprégase caucho reciclado para o chan, que será reutilizado nas áreas de xogo infantil dos Paradores. As gráficas están realizadas maioritaria sobre cartón FSC ou en tea sobre bastidor e toda a pintura utilizada en é á auga.
Este compromiso de Paradores coa sustentabilidade estará reflectido nun panel explicativo no que o visitante poderá coñecer os materiais que se empregaron na construción e no que se informará do destino que terán unha vez que fosen reciclados ou reutilizados.
A caseta de Paradores terá como protagonista a natureza, estará elaborado fundamentalmente con materiais reutilizables e deseñado para ofrecer as máximas garantías de protección anti COVID
O `stand´ de Paradores en Fitur concibiuse para cumprir as máximas garantías hixiénico – sanitarias co obxectivo de preservar a seguridade os seus empregados e dos visitantes que acoden á feira. Ademais do deseño aberto que garante a maior ventilación posible, todo o mobiliario utilizado está realizado con materiais que permiten unha total limpeza e desinfección. En todo o espazo distribúense dispensadores de xel hidroalcohólico para a limpeza de mans e diversas pantallas de metacrilato colgadas salvagardan as distancias de seguridade.
Tamén se dispuxeron sinais para facilitar os fluxos de persoas dentro da caseta e realizarase un control constante do número de visitantes para que non se supere o aforo máximo permitido (80 persoas). En canto aos traballadores, todos contarán con medidas de máxima protección como máscaras FFP2, ademais dos test de antígenos negativos obrigatorios para acceder ao recinto.
Durante a feira os visitantes poderán fotografarse nos diversos photocalls que se instalaron na caseta e participar nun sorteo que se realizará en redes sociais.




