spot_img
InicioVigo e áreaVal MiñorO Marco oferta formación para público adulto en historia do cine e...

O Marco oferta formación para público adulto en historia do cine e da arte

O MARCO prorroga as exposicións de Manuel Vilariño e Celeste Garrido ata o 4 de abril“Afectos especiais. A linguaxe do cinema e a súa potencia expresiva” e “Arte e sociedade na España dos séculos XX e XXI” abren o prazo de inscrición o martes 17 de setembro.

Revista Cousas De Nº22

A oferta formativa comezará no Museo de Arte Contemporánea entre os meses de outubro e maio de 2025, con periodicidade semanal para público adulto.

“Arte e sociedade na España dos séculos XX e XXI” é o curso de Historia da arte, que abordará a arte española dos últimos 100 anos, impartido por Ana Pereira Molares, doutora en Historia da Arte. Impartirase do 23 de outubro ao 30 de abril 2025, cada mércores entre as 19.00 e as 20.30 horas.

“Afectos especiais. A linguaxe do cinema e a súa potencia expresiva” será impartido entre o 17 de outubro e o 29 de maio 2025, tódolos xoves de 19.15 a 20.45 horas. José Manuel López (doutor en Comunicación e profesor da Uvigo instruirá sobre a Historia do Cinema centrándose nas posibilidades da linguaxe e os recursos cinematográficos, na súa potencia emotiva e expresiva.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O prazo de matrícula abre o vindeiro martes 17 con prazas son limitadas e descontos para o alumnado da Universidade de Vigo e para os membros da Agrupación Amigos do Marco. Toda a información está na web www.marcovigo.com.

 

- Publicidade -spot_img