spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaA historia e o patrimonio cultural e natural de Redondela protagonistas dun...

A historia e o patrimonio cultural e natural de Redondela protagonistas dun “Escape room”

Senderismo-Vigo-A Carosa-sons-auga-Reboreda-RedondelaO xogo de escapismo dixital de Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño chega ao seu fin cunha nova cita o vindeiro sábdo 20 de setembro ás 20.00 h. Inscricións xa abertas na web

Revista Cousas De Nº22

Tras varios meses percorrendo o territorio, ‘Eureka Reto Rural’ despedirase cunha nova e emocionante cita en Redondela, cun escape room que permitirá ao público percorrer e ir descubrindo a rica historia e patrimonio natural e cultural da vila. Con esta nova actividade, Eu Rural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño pecharán un proxecto co que se buscaba ofrecer un produto turístico diferente e orixinal para achegar ao público ao territorio a través de xogos de escapismo temáticos ao aire libre, de forma dixital, de balde e para todos os públicos.

O Cemiterio dos Eidos, entre os candidatos do concurso nacional Cemiterios de España

O vindeiro venres 20 de setembro o Concello de Redondela acollerá un encontro que prevé o mesmo éxito de edicións anteriores, unha cita na que as persoas participantes se enfrontarán a unha nova aventura chea de enigmas e desafíos que permitirán coñecer de forma lúdica e interactiva os segredos da vila.

O escape room partirá ás 20.00 h da Alameda de Castelao para desfrutar dunha ruta circular de dificultade moderada. As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Para as persoas que non poidan desfrutar desta experiencia o día do estreo, o escape room permanecerá aberto ao público durante un mes a través da web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

A presidenta de EuRural, Sandra González, resaltou a grande acollida deste programa “que fusionou turismo rural e entretemento ao longo dos últimos meses con grande éxito, permitíndonos coñecer os lugares máis emblemáticos do noso territorio. É un orgullo ver o impacto positivo que tivo nos nosos concellos, ofrecendo unha forma de descubrir as nosas vilas dun xeito lúdico, divertido e orixinal que atraeu a veciñanza e visitantes”.

o-viaduto-madrid-de-redondela-arquitectura-arte-e-estetica

O alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, convidou ao público a inscribirse no escape room e sinalou que esta iniciativa “supón unha grande oportunidade para coñecer a historia do municipio dun xeito lúdico e orixinal”. ‘Eureka Reto Rural’ vai ofrecerlle tanto á veciñanza como aos visitantes “unha experiencia única na vila de Redondela, cun atractivo percorrido por lugares emblemáticos como os viadutos, o Cemiterio dos Eidos, a Igrexa de Santiago, o Pazo de Petán ou a fervenza da Feixa, así como coñecer a historia de símbolos como a Coca ou Xan Carallás”. Esta actividade, ademais de ser unha excelente diversión para a rapazada e as familias, “é tamén un xeito de poñer en valor o noso patrimonio histórico, cultural e natural”. “É un orgullo que Redondela sexa o reto que pecha esta programación, e estou segura de que será o broche de ouro para estas actividades de escapismo”, recalcou. A alcaldesa anima “a toda a veciñanza e visitantes a participar en ‘Eureka Reto Rural’ para coñecer a nosa vila e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a través dunha experiencia que seguro será moi divertida e enriquecedora”.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O equipo gañador do escape room de Redondela poderá desfrutar dunha estancia con aloxamento e almorzo para seis persoas nos apartamentos turísticos Alto da Pousa, en Tomiño. Ademais, o Concello de Redondela sorteará tres lotes de produtos do territorio entre todos os grupos participantes.

- Publicidade -spot_img