A Pinacoteca Fernández del Riego de Vigo acolle a exposición “O teu rostro na multitude”, vertebrada ao redor de 29 retratos en miniatura dos séculos XVIII e XIX, que pertencen ao Legado de Policarpo Sanz e Irene de Ceballos, e que foron restauradas, por encargo do Concello, pola experta conservadora Carmen Espinosa Martín.
As miniaturas do Museo Municipal “Quiñones de León” proceden do legado de Policarpo Sanz e Irene de Ceballos. O magnate legou á cidade de Vigo un gran patrimonio artístico e económico. A súa esposa aumentou este legado e velou polo seu coidado ata a entrega ao Concello de Vigo.
As miniaturas foron obxectos esenciais nos regalos que se intercambiaban entre as cortes europeas. Tamén completaban o adorno das xoias que os monarcas e nobres regalaban ás súas esposas, fillas, afillados ou príncipes estranxeiros.
A súa época de máximo esplendor debemos situala entre a segunda parte do século XVIII e o primero terzo do século XIX. Cara a 1855 comezou o seu ocaso. A invención da fotografía causou a súa lenta, pero irremediable, desaparición, ainda que algúns miniaturistas sobreviviron e seguiron pintando durante o primero terzo do século XX.
As vinte nove pezas que forman o conxunto ofrecen un somero panoram do que foi a miniatura retrato en Francia desde a segunda metade do século XVIII ata ben entrado o século XIX; e como foise transformando este xénero pictórico, de arte cortesán a arte burguesa moi demandada.
Sobre marfil, vitela ou esmalte, na colección aparecen miniaturas de excelente calidade. Destacan o suxestivo Retrato de muller de Jean Urbain Guerin (ca. 1805-1810); o anónimo Retrato de home (ca. 1810) dun detalle sorprendente; ou o reto que supón facer un “cuadro dentro dun cuadro” nestas dimensións do Retrato de familia de Antoine-Guillaume Chereau (1798), miniatura que ata o momento é a única coñecida deste miniaturista.
A exposición estará aberta ata o 9 de marzo de 2025 na pinacoteca Francisco Fernández del Riego. O horario establecido para visitas é de martes a sábado de 18.00 a 21.00 horas, ao que se lle engade o sábado unha xornada matutina de 12.00 a 14.00. Os domingos só abrirá pola mañá. É unha oportunidade única para contemplar estas xoias da arte en miniatura e coñecer máis sobre a historia que encerran.