spot_img
InicioVigo e áreaVigoO MARCO acolle a presentación do catálogo da exposición 'Mulleres do Silencio'

O MARCO acolle a presentación do catálogo da exposición ‘Mulleres do Silencio’

O MARCO acolle a presentación do catálogo da exposición 'Mulleres do Silencio'Este venres 15 de novembro, a Deputación de Pontevedra presenta, no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, o catálogo MULLERES DO SILENCIO. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz, correspondente á exposición que tivo lugar no MARCO entre outubro de 2016 e abril de 2017. Unha mostra de produción propia comisariada por Rosario Sarmiento, na que se visibilizaba a obra e traxectoria de 19 artistas galegas.

A presentación estará a cargo de Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, acompañada pola comisaria e promotora da publicación, Rosario Sarmiento.

O acto terá lugar ás 18.00 na sala denominada Mediateca no 1º andar, que proximamente pasará a integrarse na Biblioteca-Centro de Documentación, como parte dun proxecto de ampliación e remodelación de espazos que optimizará os servizos e funcións deste área cara a visitantes e usuarios.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.