Inicio Vigo e área Vigo O MARCO, aberto de novo ao público

O MARCO, aberto de novo ao público

O MARCO, aberto de novo ao públicoTras o paréntese das últimas semanas, o Museo retoma as súas actividades presenciais e as visitas ás exposicións

A partir de hoxe mércores 17 de febreiro, de acordo coas novas medidas publicadas este luns polas autoridades sanitarias, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo abre de novo as súas portas ao público no seu horario habitual, retomando as actividades presenciais sen superar o 30% da capacidaade máximo permitida.

Ao tempo que se prepara a renovación do programa expositivo a finais de marzo coa mostra “4 Proxectos” (Mónica Alonso, Mar Vicente, Salvador & Juan Cidrás, Rosendo Cid), que suporá a reapertura dos espazos da planta baixa, continúan activas ata o 4 de abril as exposicións de Manuel Vilariño e Celeste Garrido nas salas do primeiro andar.

Así, xunto á posibilidade de visitas virtuais ás exposicións, accesible a través da App Vigo, a partir de hoxe o público pode volver a percorrer os espazos e gozar das obras nas propias salas. Retómase tamén a modalidade presencial nos cursos, conferencias, e o Clube de Lectura #BiblioMARCO.

Canto ás medidas de seguridade e protección (nomeadamente cálculo de capacidade, uso de máscara, medidas de hixiene e distancia interpersoal) dende o Museo seguirase cumprindo estritamente a normativa sanitaria, guiados pola máxima prudencia, e con toda a información dispoñible para os visitantes en canto a normas xerais e condicións específicas para cada actividade.

Nas visitas guiadas, o número de participantes non poderá superar as 4 persoas, excluíndo o guía ou persoal de salas, e garantindo en todo momento a distancia de seguridade. Respecto a cursos e conferencias no salón de actos, o número máximo de participantes é de 35 persoas, determinado polas dimensións da sala e o cálculo dunha distancia interpersoal de 1,5 metros nas catro direccións entre asistentes.

Nestas actividades grupais o Museo está obrigado a levar un rexistro de asistentes, que deberá estar dispoñible para as autoridades sanitarias durante un mes, sempre cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

Links de interese na web do MARCO

Normas de acceso

http://www.marcovigo.com/content/marco-post-covid-19-medidas-e-servizos

Exposicións

http://www.marcovigo.com/actuais

Visitas virtuais

http://www.marcovigo.com/content/rutas-interactivas-app-vigo

Avance exposicións

http://www.marcovigo.com/avance

Clube de Lectura

http://www.marcovigo.com/es/content/club-de-lectura-bibliomarco-20202021

Curso de Cinema

http://www.marcovigo.com/content/curso-cine-eutop-procura-do-bo-lugar-no-cinema-0

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies