spot_img
InicioBaixo MiñoO Kayak Tudense logra la victoria no 50 aniversario do Descenso do...

O Kayak Tudense logra la victoria no 50 aniversario do Descenso do Miño

Máis de 500 padeeiros participaron onte no descenso do Miño. Os tres primeiros clubs foron o Kayak Tudense, E. P. Ciudad de Pontevedra e o Naval de Pontevedra

O 50 Descenso Internacional do Miño en piragua constituíu todo un éxito de participación e público, que seguiu con interese a marcha das embarcacións, cun percorrido de 14 km en embarcacións dobres e individuais con saída en Salvaterra de Miño e chegada en Tui. Un evento no que máis de 500 piragüistas procedentes de toda a xeografía galega, portugueses, asturianos e uruguaios, encheron a augas do Río Miño.

A clasificación xeral por clubs deste descenso gañouna o Club Kayak Tudense con 1844 puntos, por diante do C.E. P Ciudad de Pontevedra con 1652 e o Club Naval de Pontevedra con 1331.

A parella formada por Miguel foi a primeira embarcación en cruzar a liña de meta cun tempo de 55:39, tres minutos máis tarde finalizaban a súa participación Rubén Millán e David Dá Rocha do Kayak Tudense, un pouco máis atrasados chegaron Pablo García e Alejandro Tranchero do Naval de Pontevedra.

A vitoria en K1 senior levoulla Iván Alonso do Piragüismo Olívico, acompañáronlle no podio Manuel Garaycoechea de Urugay e o ourensán do Piragüismo Verducido Adrián Prada.

Na modalidade de C1 senior o primeiro clasificado foi Fernando Busto do As Torres, segundo foi David Costa do Kayak Tudense e o terceiro Luís Guerra do Fluvial de Lugo. O tándem formado por Tono Campos e Diego Romero do Breogán foi o vencedor en C2, o podio completábao Óscar Graña xunto a Jose sánchez do Kaiak Tudense e a parella do E. P. Ciudad de Pontevedra de Álvaro López e Jaime Duro.

En mulleres Tania Álvarez do Breogán foi a vencedora en K1, seguida por Leticia Piña e Marta Hermida do Kayak Tudense. Tania Fernández e Carmen Villar gañaron en K2 por diante de Lucía Valiña e Lucía Soutelo do Tudense, terceiras terminaron María Rodríguez e Noelia Moledo do Club de Mar Ría de Aldán. A vitoria en C1 sería para Jenifer Casal do E. P. cidade de Pontevedra

- Publicidade -spot_img