Os deportistas galegos que se desprazaron á capital andaluza sumaron dezaseis metais
Ao longo desta fin de semana celebrouse nas instalacións do CEAR na illa da Cartuxa en Sevilla o Campionato de España de Inverno junior, sub23, senior e paracanoe. Un campionato atípico marcado polas medidas anti Covid 19, que obrigaron á organización para celebralo a porta pechada.
Este campionato de inverno deu boa mostra do potencial galego, durante todo o campionato os padeeiros galegos demostraron que Galicia é unha potencia a nivel nacional, conseguindo 16 medallas, das cales cinco foron de ouro, seis de prata e cinco de bronce.
A clasificación por equipos deixábanos ao Kayak Tudense en segundo lugar con 2107 puntos, mentres que o Piragüismo Aranxuez sumaba 2184 puntos para levar o triunfo no campionato, tercro con 2100 puntos foi o Náutico Sevilla. Ademais entre os dez primeiros do campionato atópanse con 2319 puntos o E. P. Ciudad de Pontevedra e décimo o CMDC Breogán con 981 puntos.
A canoa galega foi a protagonista da maioría dos podios desta fin de semana, así ben en categoría senior masculina impoñíase con autoridade o deportista do Breogán Diego Romero, detrás de cruzábana a liña de chegada o seu compañeiro de equipo Noel Domínguez e o tudense Manuel Garrido. Polo que respecta ás mulleres, as padeeiras pontevedresas Antía Jácome e Jennifer Casal terminaban en segunda e terceira posición, a súa carreira a gana a madrileña María Corbera.
En categoría Sub 23, producíase outro triplete formado polo ribadumiense Manuel Fontán, David Barreiro do Breogán e Pablo Crespo do E. P. Ciudad de Pontevedra. Antía Otero aínda en idade xuvenil levaba a vitoria en mulleres. Polo que respecta á modalidade de Kaiak Irene Latexe do Ría de Betanzos fíxose co subcampeonato.
As medallas en categoría xuvenil volverían recaer en mans de canoistas. Valería Oliveira do Piragüismo Poio levaba o ouro na carreira de C1, onde a catoiresa do As Torres Rosalía García terminaba nun meritorio terceiro posto. Polo que respecta á representación masculina o padeeiro do Náutico Rodeira Raúl Estévez conseguiu a medalla de prata, mentres que Diego Domínguez do CMDC Breogán levou o bronce.
Polo que respecta ás regatas de Paracanoe, Ramón Fernández do Cidade de Lugo proclamouse campión de España en KS1 e Enrique Navas do Breogán foi segundo en KL2.



