Tras un ano de pandemia engadíndolle a dificultade de non poder dispoñer do seu pavillón habitual de adestro, as patinadoras de David Figueroa conseguen os primeiros postos nas súas categorías ascendendo rodando forte a primeira
Esta fin de semana tivo lugar no Pavillón da Marisma en Redondela, o Campionato de preselección provincial libre das categorías de Infantil, alevín e benjamín de patinaxe artística como unha seda, conseguindo o Club de Patinaxe artística Gondomar practicamente a totalidade de ascensos a primeira categoría dos presentados, clasificándose así Juan Rodrigo Costas, Xiana Fernández, María Moldes, Lena Castro, Leire Rocha, Lola Álvarez e Carla Gilsanz.



