spot_img
InicioGaliciaO K4 de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade consegue a prata no...

O K4 de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade consegue a prata no Campionato do Mundo

O K4 de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade consegue a prata no Campionato do MundoO cuarteto formado por Carlos Arévalo, Rodrigo Germade, o mallorquino Marcus Cooper e o catalán Saúl Cravioto, sumaron unha medalla máis ás súas grandísima traxectoria, para Galicia é a terceiro presea despois da prata de onte de Teresa Portela e o ouro de Pablo Graña o venres.

Atrás quedaron as dúbidas sobre o buque insignia do equipo español, ás 13.21 dábase a saída á final de K4 500 metros coa tripulación española como favorita a optar polas medallas xunto co combinados alemán, húngaro e eslovaco. O inicio da proba para os españois foi bo respecto a os seus principais rivais, así ben ao paso dos primeiros 250 metros España ocupaba a primeira posición. Na última parte de carreira o barco liderado polo campión olímpico Saúl Craviotto viuse superado polos xermanos que chegaron moi fortes aos últimos metros e resistiron o empuxe da piragua española que tivo que conformarse cunha meritoria segunda posición.

Finalmente o podio completárono Alemaña (1:19.26), España (1:19.77) e Eslovaquia (1:20.96) Ademais esta mañá competiron Antía Jácome e Patricia Coco na final B de C2 500, a parella española terminou en primeira posición, este resultado permítelle optar á clasificación olímpica, en dez días a federación internacional decidirá a reatribución de prazas nesta modalidade.

Por outra banda o K4 500 de Sara Ouzande, Natalia García, Isabel Contreras e Begoña Lazkano clasificábase en sexto lugar, perdendo así todas as opcións de viaxar aos xogos do próximo ano. Por último, Carolina García concluía a súa participación mundialista coa disputa da final C de K1 500 na que conseguiu o cuarto lugar.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.