Inicio Pontevedra Baixo Miño Aberto o prazo para participar no I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

Aberto o prazo para participar no I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

Aberto o prazo para participar no I Concurso Fotográfico Enmárcate en TuiOs interesados poden enviar un máximo de dúas fotografías tomadas no marco situado na rúa Martínez Padín

O Concello de Tui, a través das concellerías de Turismo e Patrimonio, convoca o I Concurso Fotográfico “Enmárcate en Tui”. No mesmo poderase participar coas instantáneas  realizadas utilizando o marco que está situado na area de autocaravanas, na antiga ponte sobre o río Tripes, na rúa Martínez Padín.

Neste concurso poderá participar todas as persoas maiores de idade, que o desexen, cun máximo de dúas fotografías. As fotografías debe ser tomadas no marco instalado nesa zona, podendo aparecer na mesma o número de persoas que o autor estime oportuno

Os interesados en participar no concurso deben enviar as fotografías xunto como modelo de inscrición, que está accesible na web tui.gal ao correo electrónico comunicacion@tui.gal, cubrindo os seus datos: nome e apelidos do autor, lugar de residencia, data na que foi tomada a instantánea, teléfono e correo electrónico, ademais da autorización para publicar a foto nas redes sociais do concello, así como noutros medios de comunicación en caso de resultar gañadora e a autorización expresa de publicación si aparecen menores na mesma.

As fotografías deben enviarse dende o venres, 23 de agosto, até o 30 de setembro. O xurado, nomeado polo Concello, dará a coñecer o seu fallo o venres 4 de outubro. A persoa gañadora recibirá unha figura decorativa réplica do pórtico da Catedral de Tui.

Con este concurso trátase de premiar a creatividade dos visitantes á cidade e ao mesmo tempo promocionar a imaxe turística  de Tui , que ten desde o punto onde esta situado este marco un perfil moi recoñecible e de gran atractivo visual. Independentemente deste concurso, xa hai un bo número de fotos circulando polas redes realizadas desde ese lugar, o que ven a demostrar o valor dinamizador de esa peza instalada polo concello

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies