spot_img
InicioVal MiñorNigránO IES Val Miñor de Nigrán inaugurou a súa propia cancha de...

O IES Val Miñor de Nigrán inaugurou a súa propia cancha de bolos celta

-ies-val-minor-de-nigran-inaugurou-a-sua-propia-cancha-de-bolos-celta

A Federación Galega de Bolos donou a pedra e os bolos, mentras que operarios municipais realizaron a cancha

O IES Val Miñor inaugurou hoxe a súa propia cancha de bolos celta, contruida por operarios municipais do Concello e coa colaboración da Federación Galega de Bolos, que donou a pedra boleira e os propios bolos. Ao acto acudiron algúns dos mellores xogadores do mundo -todos da comarca- o presidente da Federación Isidro Costas e o alcalde de Nigrán, Juan González, xunto cos edís de Deportes e Vías e Obras. Tras unha clase teórica ao respecto impartida aos alumnos da ESO pola profesora de Educación Física Adela Mirás (gran estudiosa deste deporte e a impulsora da construcción da pista), tivo lugar unha exhibición a cargo destes profesionais. Logo os rapaces puxeron en práctica todo o aprendido: unha mezcla de puntería, forza e concentración.

Os mellores xogadores do mundo fixeron unha exhibición para os alumnos

Segundo a propia Adela Mirás explicou aos alumnos, trátase dun deporte ancestral que se retrotrae a Idade de Pedra e do que hai testemuña en todo o mundo, polo que a teoría de que provén dos celtas está actualmente descartada. No Val Miñor practícase especialmente, levando os propios emigrantes este xogo popular a países como Uruguay e Arxentina, cos que actualmente se compite.

Precisamente, o Val Miñor acollerá en xuño a sexta competición intercontinental, entre o 17 e o 19, con máis de 300 xogadores de Arxentina, Uruguay, Venezuela, Chile, Portugal e distintos puntos da Península. A fin de semana seguinte celebrarase en Nigrán o primeiro Mundial.

- Publicidade -spot_img