spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona levará a cabo unha nova fase da humanización da travesía interior...

Baiona levará a cabo unha nova fase da humanización da travesía interior Sabaris

A nova humanización supón un investimento na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa de 1.166.000 euros cun ámbito de actuación de 5.523 metros cadrados de superficie.

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, asinaron esta mañá o convenio para a realización da III fase de humanización da travesía interior de Sabarís.

Con esta nova actuación, mellorarase a contorna da Praza Vitoria Cadaval, unha zona central desta travesía, sumándose e así á humanización de Julián Valverde -tramo humanizado grazas ás obras da primeira fase- e os traballos da rúa Areas, segunda fase.

Os traballos seguirá a liña das dous anteriores: solucionaranse as deficiencias existentes en redes hidráulicas coa construción de rede separativa, saneamento de pluviais e fecais. Os traballos tamén levarán melloras na iluminación. Soterraranse as liñas de iluminación pública e telefonía aumentando a seguridade e facendo que a praza luza moito máis bonita. Tamén se procederá á homoxeneización do pavimento na praza, pois se substituirá o empedrado por grandes laxas de pedra. Renovaranse todas as instalacións existentes: substitución das canalizacións de auga…

“Na zona central da Praza Vitoria Cadaval preténdese crear un espazo de recreo para que os veciños poidan realizar actividades ao aire libre e gozar da zona. Plantaranse elementos vexetais que ofrezan sombra xerando un espazo amable que convide ao goce dos usuarios”, destacou o Alcalde.

Dentro da actuación tamén se propón a recuperación da contorna do edificio que alberga o mercado municipal, potenciándoo e poñéndoo en valor, con propostas encamiñadas a dotar de unidade a zona, e buscando unha maior integración e vinculación coa Praza e a ponte medieval.

A futura actuación, do mesmo xeito que as anteriores, estará enmarcada dentro do Plan hUrbe, tras a firma do convenio hoxe, o Concello terá que ultimar e presentar o proxecto de humanización, no que se detallará a actuación para executar, os elementos para modificar e os traballos concretos a realizar.

Esta nova humanización supón un investimento na parroquia de Santa Cristina da Ramallosa de 1.166.000 euros cun ámbito de actuación de 5.523 metros cadrados de superficie. Coa I fase e a II levan investidos máis de 1,8 millóns de euros na mellora e humanización de Sababrís. A primeira delas realizouse na Avenida Julián Valverde (travesía interior de Sabarís) onde se humanizaron máis de 500 metros, a segunda consiste na na adecuación da rúa Areas, desde a glorieta Santos Peralba ata o cruzamento coa Avenida da praia Ladeira, recentemente inaugurado.

- Publicidade -spot_img