Inicio Pontevedra O IEM trae ao Val Miñor aos voceiros parlamentarios para particapar nos...

O IEM trae ao Val Miñor aos voceiros parlamentarios para particapar nos seus faladoiros

Xulián Maure, director do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) foi o encargado de presentar os novos faladoiros, sendo o primeiro deste ano «Galicia 2017-2020», no que intervirán os voceiros parlamentarios dos catro grupos políticos con representación no Parlamento Galego.
“Nos queremos que O Val Miñor sexa a primeira bisbarra de Galicia que sente nun faladoiro aos catro voceiros que están no Parlamento de Galicia e que nós escoitémoslles tamén a eles” subliñou na sua intervención Xulián Maure.
” Queremos hacer esto todos os anos no sentido da humanidade, non no sentido do capital, e aproveitar para que coñezan O Val Miñor e as suas demandas” explicou Moure.
Os faladoiros comezarán o 13 de xaneiro con Ana Pontón (Bloque Nacionalista Galego, quen será presentada por Sandra González(Alcaldesa de Tomiño).
 
20 de xaneiro.-Xoaquín Leiceaga (Partido Socialista de Galicia), será presentado por Francisco Ferreira (Alcalde de Gondomar),
 
27 de xaneiro-Luís Villares (En Marea), será presentado por Antón Araúxo (Tenente Alcalde de Gondomar).
 
3 de febreiro-Pedro Puy (Partido Popular), será presentado por Ángel Rodal (Alcalde de Baiona).
 
Moderará as xornadas Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito)
 
O contido das xornadas tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.
 
As xornadas desenvolveranse na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo nas datas indicadas e ás 20:00h.
 
Sobre o IEM
O Instituto de Estudos Miñoranos ten como obxectivos Divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ó patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc dos tres concellos do Val Miñor. Promover a relización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados. Impulsar calquera actividade encamiñada á divulgación destes aspectos. Fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico e cultural actual.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies