Inicio Vigo e área Redondela O Goberno de Redondela traslada a Renfe as necesidades da súa veciñanza

O Goberno de Redondela traslada a Renfe as necesidades da súa veciñanza

O Goberno de Redondela traslada a Renfe as necesidades da súa veciñanzaA Alcaldesa redondelana reuniuse en Madrid co director xeral de viaxeiros de Renfe, Rafael Azuara

O pasado 22 de xaneiro, a alcaldesa, Digna Rivas, e o Concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa, aproveitaron a súa visita a Fitur para reunirise co director xeral de viaxeiros de Renfe, Rafael Azuara. Nesta reunión, a Alcaldesa trasladou a importancia para Redondela de que Renfe estude a posibilidade de aumentar as frecuencias nas paradas de trens de proximidade entre Pontevedra e Vigo. Esta foi unha das reivindicacións das que se obtivo un compromiso firme por parte de Renfe, que asegura que revisará exhaustivamente as frecuencias das liñas e paradas, actualmente conta cun total de 21 paradas nas distintas estacións e apeadeiros, para intentar aumentar a súa frecuencia e así dar mellor servizo aos e ás viaxeiros/as.

Pola súa banda, o Goberno Municipal comprométese a realizar campañas de promoción e impulso  do uso do ferrocarril, e dende o Concello adoptaranse tódalas medidas necesarias para informar e animar a veciñanza a utilizar un medio de transporte alternativo, cómodo, accesible e respetuaso co medio ambiente.

Outros temas tratados nesta xuntanza foi a venda presencial de billetes na estación da Portela, no que Alcaldesa mostrou a súa satisfacción de que Renfe decidira cambiar as medidas adoptadas en días anteriores, comprometéndose a manter este servizo ata o próximo 30 de xuño. A partir desta data Renfe contratará a persoal de apoio, parados/as inscritos/as nas oficinas do INEM de Redondela, que se encargarán de asesorar aos usuarios e usuarias á hora de adquirir os seus billetes nas máquinas de autovenda ou nas distintas formas habilitadas.

Xa o pasado venres, a alcaldesa, Digna Rivas e outros membros do Goberno, mantiveran unha fructuosa reunión con representantes de Adif, José Díaz Salgado, Víctor Barros, xefe e subdirector de estacións do Noroeste, respectivamente, e Juan Manuel Cutrín, xefe de estacións de Galicia.

A Alcaldesa agradece o compromiso de Adif de tramitar unha reivindicación de gran importancia como é a posibilidade de que as infraestructuras ferroviarias infrautilizadas, como a estación de Eidos, poida ser disfrutadas pola veciñanza como centros de cultura e ocio, onde celebrar puntualmente distintos actos sociais ou culturais.

Outras das accións a valorar serán as medidas que Renfe deberá adoptar para mellorar algunhas infraestructuras, así como a seguridade, en distintos puntos do municipio, como Cesantes ou A Portela, reivindicacións veciñais que levan anos sen terse en conta.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies