spot_img
InicioCondado ParadantaO GDR presenta en FITUR as esencias e sabores do Condado, Paradanta...

O GDR presenta en FITUR as esencias e sabores do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas

o-gdr-presenta-en-fitur-as-esencias-e-sabores-do-condado-paradanta-e-salceda-de-caselasO GDR Condado Paradanta (Grupo de Desenvolvemento Rural) presentará en FITUR (Feira Internacional de Turismo) a riqueza dos seus dez concellos. O vindeiro xoves día 25 ás 13:15 horas o público de FITUR, expositores e autoridades presentes coñecerán as esencias e sabores do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas.

Revista Cousas De Nº20

“Esencias e Sabores. Condado Paradanta” presentará no stand de Turismo de Galicia unha escolma das mellores experiencias turísticas, enogastronómicas, naturais e culturais que as e os visitantes poderán descubrir neste territorio.

A directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita Urgoiti, alcaldesas e alcaldes trasladarán ao público a importancia histórica e turística dos concellos de A Cañiza, As Neves, Arbo, Covelo, Crecente, Mondariz, Mondariz Balneario, Ponteareas, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño. Ademais, todas as persoas presentes serán convidadas a degustar produtos gastronómicos da comarca como o requeixo ou o mel.

O GDR

Dende o ano 2008 o GDR actúa como un dinamizador socioeconómico capaz de impulsar e apoiar proxectos de persoas físicas ou xurídicas. En continua alianza cos sectores públicos e privados traballa a diario na detección de necesidades e recursos e procura ferramentas que axuden na resolución e, tamén, na posta en marcha de novas iniciativas.

Conectar emprendedores, asociacións e empresas dos dez concellos da comarca para maximizar os puntos fortes do Condado Paradanta e Salceda de Caselas é un dos obxectivos deste GDR. A través da xestión de fondos e programas europeos búscase o desenvolvemento económico do territorio.

- Publicidade -spot_img