spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda participará na Feira de Turismo de Madrid, FITUR...

O Concello da Guarda participará na Feira de Turismo de Madrid, FITUR 2024

o-concello-da-guarda-participara-na-feira-de-turismo-de-madrid-fitur-2024A Guarda, como municipio turístico de referencia no Baixo Miño, promocionarase no stand de Turismo de Galicia da Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano se celebra do 24 ao 28 de xaneiro.

Revista Cousas De Nº20

Nesta ocasión o Concello elaborou un folleto turístico informativo editado especificamente para esta feira; dito folleto estará dispoñible para todos os visitantes no mostrador do Xeodestino Ría de Vigo-Baixo. Asi mesmo, o recinto feiral contará cunha campaña publicitaria de promoción adicada exclusivamente ao noso concello.

A representación da Guarda asistirá na mañá do mércores 24, día do comezo da feira, a presentación de Turismo de Galicia no stand da comunidade que nesta edición contará cun espazo renovado. A temática escollida é a auga nas súas diferentes representacións: mar, ríos e rías, fervenzas, mananciais,…

Ás 12:30h será a quenda da presentación da Deputación de Pontevedra onde dará a coñecer a súa nova campaña turística “100% Rías Baixas” onde o protagonismo tamén será a auga da provincia. O noso concello rodeado case na súa totalidade é exemplo dos recursos turísticos da provincia, a costa Atlántica e a desembocadura do Miño co seu esteiro.

A tarde terá como acto destacado a participación na recepción organizada pola Deputación co sector turístico.

O xoves ás 15:00h terá lugar a presentación de “Trazas de Pontevedra, ruta arqueolóxica pola provincia” no stand de Turismo de Galicia. O acto consistirá na benvida do Alcalde da Guarda, Roberto J. Álvarez Carrero, como representante dos 16 concellos integrantes do proxecto. Dara paso a proxección do vídeo-presentación do Proxecto Trazas e continuará coa intervención de Rafael Martínez, arqueólogo responsable das escavacións realizadas nos xacementos seleccionados. O acto pecharase coa intervención da Deputada provincial de Turismo, Nava Castro, quen informará da continuación deste proxecto. No pasado mes de outubro o noso concello xa acollera a presentación oficial deste proxecto.

Ás 18:00 está previsto no Stand de Turismo de Galicia a presentación do Xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño coa súa campaña “Vivir experiencias, compartir territorio ”. A Guarda forma parte deste Xeodestino e nesta nova campaña A Guarda terá un lugar especial.

Durante estas xornadas a delegación da Guarda, encabezada polo Alcalde, manterá, ademais de asistir aos eventos institucionais, diversas reunións con maioristas, empresas e asociacións de turismo para potenciar a promoción da Guarda como destino turístico.

- Publicidade -spot_img