spot_img
InicioGaliciaA Fundación Érguete-Integración presenta o logotipo que conmemora o seu 25 aniversario

A Fundación Érguete-Integración presenta o logotipo que conmemora o seu 25 aniversario

a-fundacion-erguete-integracion-presenta-o-logotipo-que-conmemora-o-seu-25-aniversarioCoa finalidade de facilitar a inserción social e o acceso ao mercado laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social nacía, hai 25 anos, a Fundación Érguete- Integración

Revista Cousas De Nº20

Tras dúas décadas e media de traballo ás súas costas e cun importante incremento de actuacións ao longo da comunidade galega, a entidade conserva a súa filosofía inicial de integración dos colectivos vulnerabilizados, sempre co obxectivo de evitar a marxinalización dos mesmos e situando ás persoas no centro das súas accións.

Mantendo esta filosofía créase o logotipo conmemorativo do 25 aniversario da Fundación, non só como celebración da labor realizada ata o de agora, senón tamén na procura de proxectar unha visión positiva cara o futuro. É, por tanto, un recordatorio dos logros acadados e un símbolo inspirador para os desafíos que están por vir. Cada un dos elementos que o compoñen contribúe á filosofía que identifica á entidade, facéndose eco do seu compromiso coa solidariedade e a construción dun futuro mellor para a sociedade e, especialmente, para aquelas persoas que máis o precisan. Así mesmo, a inclusión do logotipo orixinal dentro do novo deseño ven reforzar esta¡ conexión co pasado e destaca o crecemento continuo.

Por último, o lema que acompaña o logo, “coas persoas”, transmite a compoñente máis humana e cálida da Fundación, reflectindo o compromiso e dedicación de todo o persoal que traballa a diario na entidade con cada unha das persoas que acoden na procura dos seus servizos, e destacando a importancia da conexión humana na súa misión.

- Publicidade -spot_img