spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO GDR Galicia Suroeste EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo...

O GDR Galicia Suroeste EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presenta unha nova edición de ‘Parte de ti’

O GDR Galicia Suroeste EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presenta unha nova edición de 'Parte de ti'Tralo éxito dos anos anteriores, a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presentou onte no Espazo de Coworking Tribu en O Porriño por terceiro ano “Parte de ti”, campaña de apoio ao rural baseada nas historias dos profesionais que cos seus produtos e servizos transforman o rural

Revista COUSAS DE nº14

No acto estiveron presentes os representantes de todos os concellos que forman parte do Grupo de Desenvolvemento Rural (Galicia Suroeste Eurural) , Moisés Blanco Paradelo, subdirector de relación cos GDR de AGADER, Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia) e os protagonistas das dez historias que se presentan nesta campaña.

Ante o éxito da campaña Parte de ti, que se lanzou fai dous anos, Eurural decide ampliala un ano máis para dar a coñecer as grandes historias que hai detrás dos produtos e servizos da nosa contorna.

A presentación tivo lugar onte no Espazo de Coworking Tribu e contou coas intervencións de Moisés Blanco Paradelo, subdirector de relación cos GDR da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER, pertencente á Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia),  Alejandro Lorenzo, alcalde de O Porriño,  Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural, Juan González, Representante Institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e Alcalde de Nigrán e Simón Ubeira, un dos produtores que forman parte da campaña

Parte de ti nace co obxectivo de dirixir o apoio ás persoas produtoras, transformadoras e comercializadoras do rural. Trátase, por tanto, dunha campaña enfocada a sensibilizar, concienciar e informar baseándose nas historias dos profesionais que ofrecen os seus produtos e servizos no rural. Cada unha destas historias cóntase en forma de vídeo para achegar a realidade do rural ao espectador. Este ano, ademáis, porase o foco tamén en servizos como aloxamentos ou tendas que se ofrecen no rural e nas diferentes experiencias que os visitantes poden desfrutar nas distintas zonas que forman parte do GDR.

Durante a rolda proxectouse o vídeo de presentación da campaña e unha das historias dun dos produtores, Simón Ubeira, de O Alcouve da Moura, un proxecto que naceu fai tres anos coa convicción de por en valor os recursos naturais que hai aorredor e máis en particular, os terreos de labradío, que son terreos que históricamente sempre estiveron cultivados pero que pola globalización se abandonaron

“Hai futuro na agricultura ecolóxica. Hai futuro na agricultura en xeral. O único que fai falla é vontade, traballo e sobre todo a axuda das administracións”, Simón Ubeira, produtor.

Ademais da historia de O Alcouve da Moura (O Rosal) presentaranse ao longo da campaña outros proxectos coma Tribu Coworking (O Porriño), Ideas Peregrinas (Tui), Lacena Comida Espida (A Guarda), Artesanía Granlei (Mos) , Cervexas Trisk -Ale (Nigrán), Panadaría Copena (Gondomar), Tia Estébana Micromercado Selecto (Redondela), O Alto da Pousa (Tomiño) e Noelia Bebelia (Soutomaior).

- Publicidade -spot_img