spot_img
InicioCondado ParadantaA CañizaA Cañiza inaugura a nova ruta de senderismo de "Fontefría PR_G2016" incluída...

A Cañiza inaugura a nova ruta de senderismo de “Fontefría PR_G2016” incluída no Plan de Reordenación de Sendeiros do municipio

A Cañiza inaugura a nova ruta de senderismo de Fontefría PR_G2016 incluída no Plan de Reordenación de Sendeiros do municipioCunha andaina por un espectacular entorno de zonas chairas con pastoreos, mámoas, turbeiras e rodeados da flora e fauna propias do entorno natural da media montaña, así se inaugurou a nova ruta de senderismo de “Fontefría PR_G2016”

Revista COUSAS DE nº14

Cun percorrido de 7,7 km  de lonxitude, a ruta discorre polas Parroquias de Achas e Petán, situando o punto de inicio no alto de Fontefría, a 790 m de altitude, do que se parte en dirección Norte. O sendeiro  transcurre por unha zona chaira con pasteiros nos que se atopan varios túmulos megalíticos, coñecidos como mámoas. Continúa por camiños entre repoboacións de piñeiro silvestre con lagoas estacionais e o regato de Portapiñeiros. Nestas zonas chairas e húmidas existen varias turbeiras.

Por primeira vez o Concello da Cañiza consigue a homologación de rutas de sendeirismo diante da Federación Galega de Montañismo: a PR-G 206 e a PR-G 207

É unha das 3 rutas que o Concello recuperou dentro do seu Plan de Reordenación de Sendeiros, xunto coa ruta da Cidade Castrexa das Grades e a ruta de Luneda. Unha actuación cun inventimento de máis de 30.000€, financiada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que ten por obxectivo poñer en valor o noso potencial paisaxístico,  aproveitar ao máximo os nosos recursos naturais e orientalos hacia o turismo rural de forma desestacionalizada, para impulsar a nosa economía.

A Cañiza inaugura a nova ruta de senderismo de Fontefría PR_G2016 incluída no Plan de Reordenación de Sendeiros do municipio

Con estas tres iniciativas e xunto co Sendeiro do Río Ribadil, pertencente ao Espazo Natural Rede Natura 2000 e a ruta PR-G 165 Sendeiro das fragas e levadas do Calvo e Deva, o Concello da Cañiza completa a súa REDE DE SENDEIROS, axeitada a  unha zona cun potencial e valor ecolóxico e natural de alto nivel.

 

Según manifestou o alcalde Luis Piña  “…a posta en marcha deste Plan de Reordenación de sendeiros era unha asignatura pendente  da gobernanza da Cañiza e unha actuación prioritaria no eido medioambiental e turístico para poder aproveitar ao máximo os nosos recursos endóxenos, neste caso as nosas paisaxes, camiños e lugares con encanto, que estamos seguros serán capaces de atraer a camiñantes e turistas e que axudará a impulsar a nosa  excelente oferta gastronómica e vitivinícola”.

- Publicidade -spot_img