spot_img
InicioCondado ParadantaO GDR Condado Paradanta adxudica máis de 400.000 euros para seis proxectos...

O GDR Condado Paradanta adxudica máis de 400.000 euros para seis proxectos da comarca

O GDR Condado Paradanta adxudica máis de 400.000 euros para seis proxectos da comarcaApartamentos turísticos, pista de pádel, liña de produción de compost vexetal, salas TIC e coworking e apoio a mobilidade e persoas con diversidade funcional son as iniciativas propostas

A Asociación de Desenvolvemento Rural (GDR) do Condado Paradanta aprobou os proxectos subvencionables ao abeiro do Programa Leader Galicia 2014-2020, xestionado polo propio GDR a través da Consellería do Medio Rural. Son un total de seis as iniciativas orientados ao desenvolvemento socioeconómico da contorna, que suman unha inversión de 890.325,10 euros dos cales 409.417,64 euros serán subvencionables.

Nesta convocatoria 2021-2022 presentáronse un total de 26 proxectos

Unha construción de apartamentos turísticos, a instalación dunha pista de padel en Vilasobroso, e una nova liña de produción de compost vexetal a partir da xestión circular de restos forestais son os tres proxectos produtivos propostos para recibir a axuda, a cal suporía, nos tres casos, o 50% do importe presentado, sumando un total de case 320.000 euros. Por outra banda, no apartado de proxectos non produtivos, consideráronse outras tres propostas: o cambio de uso de auditorio a sala TIC multifuncional no Centro Sociocultural de Mouriscados (Mondariz), o acondicionamentos da casa do pobo de Baldomar (Covelo) para aulas TIC e coworking, a adquisición de un vehículo para o programa Achego de Avelaiña Saúde Mental e o apio a mobilidade e persoas con diversidade funcional das Esclavas de la Virgen Dolorosa; neste caso a porcentaxe da axuda é do 90% do importe aceptado, e suman entre os tres preto de 100.000 euros.

Dende o GDR lembran que estas subvencións están destinadas, por unha banda, a proxectos produtivos (emprendedores e empresarios cunha actividade económica, xeradores de emprego, que precisan crear, modernizar ou ampliar os seus negocios) e, por outra, a proxectos non produtivos tanto para entidades privadas (comunidades de montes, asociacións de veciños ou culturais, etc) como públicas (concellos).

Nesta convocatoria 2021-2022 presentáronse un total de 26 proxectos, deles 6 serán os subvencionables, 8 quedaron en lista de agarda e a ducia restante foron desfavorables e desestimados.

A GDR Condado Paradanta (que engloba aos municipios de ArboA Cañiza, CoveloCrecenteAs Neves, MondarizMondariz BalnearioPonteareasSalceda de Caselas e Salvaterra de Miño), continúa así traballando no seu propósito de impulsar accións que axuden á posta en valor dos recursos da comarca, que potencien os negocios do territorio e que promovan sinerxías entre persoas.

Gala do Dinamizador Rural

Por outra banda, o pasado día GDR Condado Paradanta vén de celebrar os II Premios ao recoñecemento ao dinamizador rural. A Gala de entrega de premios celebrouse na Escola de Música de Rubios, As Neves. A través destes premios o GDR quere recoñecer o traballo que, de forma altruísta, realizan entidades e/ou persoas físicas en prol da defensa e posta en valor do patrimonio do Condado Paradanta. Nesta segunda edición trece foron as candidaturas presentadas. A Asociación Lazoiro foi a recoñecida a nivel territorial, con un premio en metálico de 1000 €. Tamén houbo un recoñecemento por concello. Segundo palabras de Pablo Castillo, presidente do GDR, “A veciñanza, as entidades, sodes auténticos responsables de preservar o noso Patrimonio, que nos diferencia e que nos dá a nosa sinal de identidade, o que nos fai únicos. As Alcaldías, dentro das nosas posibilidades e competencias, o que nos corresponde é atender eses intereses e entre todos e todas, obter o obxectivo de valorizar o noso Patrimonio”

- Publicidade -spot_img