spot_img
InicioO MorrazoBueuA Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu acolle a tradicional alfombra floral...

A Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu acolle a tradicional alfombra floral de Nadal

A Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu acolle a tradicional alfombra floral de NadalO tapiz destaca pola variedade de cores e de materiais da zona e poderase ver ata despois de Reis

Como cada ano, a Sala Amalia Domínguez Búa de Bueu acollerá a tradicional alfombra floral de Nadal, que se poderá visitar dende o 21 de decembro e ata despois de Reis.  Xosé Leal, concelleiro de cultura, visitou esta mañá esta alfombra elaborada pola Asociación Cultural de Alfombras de Bueu, e que representa unha vidrieira con motivos destas datas. Carmen Santos, presidenta do colectivo, avanzou que “é un tapiz sostible, con moitas cores e materiais propios da zona, como cunchas de berberechos, follas de eucaliptos, noces ou magnóleos”. Ademais, o musgo foi traído directamente pola asociación dende os Países Baixos, xa que actualmente se atopa prohibida a súa recollida no noso país.

A alfombra tivo un proceso de preparación e elaboración de dous meses e forma parte da programación anual da Asociación de Alfombras, creada no ano 2015 co obxectivo de que a tradición da arte floral non se perdese e que fose coñecida en máis lugares do mundo.

O deseño desta edición é moi figurativo, e nel aparece como novidade a mensaxe “Navidad de esperanza”, un lema que vai en todos os tapices elaborados polas asociacións da Coordinadora Internacional de Arte Efémero e que pretende transmitir bos desexos nestas festas e de cara ao próximo ano.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.