·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioVigo e áreaMosO gañador de #LaVuelta21 decidirase en Mos

O gañador de #LaVuelta21 decidirase en Mos

O gañador de #LaVuelta21 decidirase en MosO municipio mosense acollerá a chegada da penúltima etapa e última etapa competitiva en liña da edición deste ano. O Concello será protagonista da emblemática competición ciclista por segunda vez consecutiva

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, confirmou hoxe que Mos voltará a ser protagonista de La Vuelta Ciclista a España. Nesta ocasión como chegada de etapa e non como saída como ocorreu o pasado novembro.

A última batalla corpo a corpo de La Vuelta 21 rematará en Mos, sendo a chegada mosense a penúltima etapa da competición, pero a última etapa competitiva en liña, polo que o vencedor decidirase en Mos case con total seguridade.

A saída dunha das etapas de La Vuelta desde Mos, unha oportunidade para visibilizar o Camiño Portugués
Presentación da etapa na edición 2020

Ante esta boa nova a rexedora local mosense declarouse “satisfeita e enormemente orgullosa de que La Vuelta volte a elixir a Mos dentro do seu percorrido e ademáis por segundo ano consecutivo. Deste xeito Mos volve a situarse no mapa e convertirase xa, indiscutiblemente, en emblema nacional do ciclismo, por contar entre a súa veciñanza a Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, e embaixador de La Vuelta; e por ser protagonista en dúas edicións consecutivas de La Vuelta, saída de etapa o ano pasado e chegada da penúltima etapa este ano”.

No pasado ano 2020 a Etapa 15 de La Vuelta Ciclista a España saíu desde o Pazo de Mos o 5 de novembro. Sendo Mos a única localidade da provincia de Pontevedra na que houbo unha etapa de saída de La Vuelta no 2020.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies