spot_img
InicioO MorrazoMarínMarín habilita ferramentas dixitais para a consulta das súas rutas de sendeirismo

Marín habilita ferramentas dixitais para a consulta das súas rutas de sendeirismo

Marín habilita ferramentas dixitais para a consulta das súas rutas de sendeirismoO turismo verde, sostible, familiar e interior é posible e é seguro. Esa é a mensaxe que lanza o Concello, a través das Concellarías de Turismo e Medio Ambiente, que están a traballar na mellora e optimización das rutas de sendeirismo enmarcadas no proxecto Marín a Pé, “co que buscamos que a xente de Marín goce do seu concello, da natureza e do deporte”.

Entre esas melloras, as concelleiras Cristina Acuña e Marián Sanmartín anunciaron a creación da conta “SendeirismoMarin” no portal (tamén app no móbil) de Wikiloc, no que aqueles que sigan á conta oficial do Concello poderán acceder a toda a información actualizada dos seis roteiros dispoñibles: a Ruta das Praias, a Ruta dos 5 Miradoiros, a Ruta de Montes e Praias (tanto na súa versión longa como curta), a Ruta do Monte Penizas (coa variante de Santomé) e a Ruta do Lago Castiñeiras.

A plataforma Wikiloc conta con todos os datos e as rutas sinalizadas do Concello de Marín na conta “sendeirismomarin”. Ademais, estase a repintar a sinalización nalgúns tramos para mellorar a visibilidade.

Ademais desta actualización dixital, que tamén se reflicte no apartado da web municipal, desde a que se pode acceder directamente a Wikiloc, o Concello levou a cabo un repintado nos tramos das rutas de 5 Miradoiros e Penizas que precisaban dunha mellora da sinalización.

“O sendeirismo é unha actividade deportiva moi completa, porque supón un hobby accesible para calquera e que se pode gozar en familia, en solitario ou en parella e que nos permite coñecer dun xeito alternativo o noso fogar, o que temos máis cerca”, explica a concelleira de Turismo, Cristina Acuña.

Distintivo de Sendeiros Azuis

A beleza e calidade ambiental dos roteiros da nosa vila vese reforzado polo distintivo que teñen tres destas rutas como Sendeiros Azuis de Marín (a das praias, a dos 5 miradoiros e a de montes e praias).

Tal e como comentou a concelleira Marián Sanmartín, “acabamos de presentar a renovación deste distintivo”, que concede a Adeac, co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Con esta solicitude, “completamos o noso expediente de Bandeiras Azuis, que supoñen tamén un importante distintivo medio ambiental que seguiremos traballando para os nosos areais”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.