Inicio Vigo e área Vigo O Galician Freaky Film Festival lanza o concurso de microcurtas online “Curta...

O Galician Freaky Film Festival lanza o concurso de microcurtas online “Curta ou Susto”

O Galician Freaky Film Festival lanza o concurso de microcurtas online “Curta ou Susto”As obras  terán que ser  dun máximo de  trinta segundos e  as  mellores  proxectaranse durante a vindeira edición do certame, que, polo momento, mantén as datas previstas: do 28 ao 31 de outubro na Sala Videodrome

A pesares da gran paralización que están a sufrir a meirande parte das actividades culturais a causa da pandemia, a organización do Galician Freaky Film Festival lanza unha convocatoria para todos os creadores e creadoras audiovisuais, tanto afeccionados como profesionais, co fin de que poñan en forma o seu músculo creativo.

Para iso lanza o concurso Curta ou Susto no que se poderá participar ata o 30 de maio, con obras dun máximo de trinta segundos (sen ter en  conta a duración dos créditos finais) nos que se transmita calquera sensación que produza un forte arrepío nos espectadores.

Como se pode participar?

Para facer chegar á organización os traballos haberá que utilizar as redes sociais. Os participantes terán que publicar o seu vídeo incrustado nas súas propias contas de Facebook, Instagram ou Twitter, seguir nesa mesma rede ao GFFF, utilizar o hashtag #CurtaOuSusto e ademais etiquetar ao festival.

O tempo para poder participar estenderase ata o 30 de maio.

Pódense consultar as bases completas na web do festival.

Os mellores traballos proxectaranse na #3 edition do Galician Freaky Film Festival que polo momento mantén as datas iniciais e celebrarase do 28 ao 31 de outubro de 2020.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL

Despois de tres anos no que o Galician Freaky Film Festival non parou de medrar e conseguiu colgar o cartel de “completo” en moitos dos seus pases, o certame regresa unha vez máis a sala Videodrome e a cidade co fin de achegar todo tipo de filmes de terror e serie B. O mellor do peor da industria cinematográfica de Galicia, España e o resto do mundo.

Cabe destacar que na edición de 2019 volvéronse a bater as cifras de asistentes, superando o millar de persoas. Algo que demostra que os xéneros clásicos máis pulp: a fantasía, a ciencia ficción, o terror, o gore e toda a serie B en xeral, seguen a ser un éxito.

O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Dragon Ball a pleno pulmón e pedía as películas do Vengador Tóxico no videoclube .

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies