spot_img
InicioBaixo MiñoO futuro do Baixo Miño e do seu sector produtivo precisan que...

O futuro do Baixo Miño e do seu sector produtivo precisan que rematen ás obras da VAC Tui á Guarda

Tui contratará a 22 persoas ao abeiro do Plan de Concellos da Deputación Provincial

O alcalde de Tui amosa a súa preocupación pola transferencia dos fondos previstos para o tramo I da VAC Tui á Guarda para o desdobramento do Corredor do Morrazo

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vén de amosar a súa preocupación tras coñecer que a Xunta de Galicia vai destinar os 3.641.526€ previstos para este ano para o Tramo I da VAC Tui-A Guarda ao desdobramento do Corredor do Morrazo. En concreto trátase dunha transferencia do Fondo de Compensación Interterritorial de 2016 en materia de “Autoestradas, autovías e estradas” de tal xeito que os 3.641.526 € que aparecían inicialmente destinados ao Tramo I da VAC Tui-A Guarda irán para o desdobramento do Corredor do Morrazo.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, considera que esta noticia supón un ninguneo da Xunta “non só ao Concello de Tui senón a toda unha comarca” tendo en conta as graves consecuencias que terá non rematar esta infraestruturas para o sector produtivo do Baixo Miño que precisa mellorar as súa rede viaria. Sinala que a VAC Tui-A Guarda leva xa anos de retraso e no caso concreto de Tui afectará amais ao enlace directo co Parque Empresarial de Areas, unha das bases importantes do tecido produtivo local. Para Enrique Cabaleiro isto supón un “ninguneo inaceptable” polo que estudará cos seus homólogos da comarca levar a cabo algún tipo de acción en defensa dos sectores produtivos vitais para o desenvolvemento da comarca e do concello.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.