Inicio Galicia Compostela O Foro Colaborativo para o Emprego inaugúrase no Pazo de Congresos de...

O Foro Colaborativo para o Emprego inaugúrase no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela

banner_foco2015O Foro Colaborativo polo Emprego de Santiago acollerá os días 5 e 6 de novembro un amplo abano de actividades como espazo de encontro entre demandantes de emprego, empresas e axentes sociais. No marco do FOCO, dende comezos de outubro ata o 3 novembro, a Axencia Local de Colocación tramitou 89 ofertas de emprego para 129 postos de traballo, sendo 1.408 as persoas que se inscribiron cando menos nunha destas ofertas. Xestionáronse un total de 4.090 currículos.

No Palacio de Congresos tamén haberá entrevistas de preselección con 20 empresas para as 400 persoas que se inscribiron na actividade “Dáte a coñecer – entrevistas rápidas con empresas”. Tamén se desenvolverán 17 mesas de diálogo para o emprego, co obxectivo de coñecer e debater as próximas estratexias locais no eido do emprego, nas que xa hai 800 inscricións. En cada mesa contarase coa presenza de persoas expertas que contextualizarán e exporán a súa visión sobre a temática en cuestión.

Ademais, as persoas asistentes poderán coñecer as propostas extraídas dun proceso participativo que se iniciou no verán con persoas expertas e axentes sociais da cidade, así como coas 250 enquisas cumprimentadas na web da Axencia Local de Colocación; ademais as persoas asistentes poderán priorizar medidas ou aportar novas achegas para concretar a próxima estratexia local de emprego. As inscricións nas mesas temáticas poden realizarse enaxencialocaldecolocacion.org.

O FOCO2015 inclúe a realización de actividades formativas relacionadas co emprendemento que impartirá a Cámara de Comercio. Son as seguintes: “Incrementa as túas posibilidades de éxito para financiarte”, “Consegue que o banco se namore do teu proxecto: como reforzar a miña posición ante o banco?” e “Queres pedir financiamento ao banco? Espera!”.

Por outra parte a nivel xeral, o acceso ao Foro é aberto, de modo que as persoas asistentes poderán acudir, sen necesidade de inscrición previa, a unha zona de stands con empresas ou participar en presentacións de empresas e de experiencias no ámbito da economía social, así como enviar currículos en formato dixital a diversos portais de recrutamento desde un espazo de terminais.

O Foro Colaborativo polo Emprego é unha actividade do Programa Local de Apoio ao Emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, que leva a cabo o Concello de Santiago xunto coa Cámara de Comercio de Santiago.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies