Inicio Vigo e área Vigo A Xunta reafirma a súa aposta pola igualdade e o fomento do...

A Xunta reafirma a súa aposta pola igualdade e o fomento do emprendemento

Xunta-reafirma-súa-aposta-pola-igualdade-fomento-emprendemento

O vicepresidente, Alfonso Rueda, visitou a sede de Ludoingenio S. L., unha empresa de Vigo que foi beneficiaria das axudas do programa ‘Emega’, co que a Xunta está a incentivar ás mulleres emprendedoras de Galicia.

Rueda tivo oportunidade de coñecer máis de preto a empresa e ás súas responsables, Silvia Solla e Sonia Rodríguez. Ademais, estivo acompañado da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.

O Vicepresidente dixo que “o Executivo autonómico está a apoiar o emprendemento, fundamental en tempos de crise e tamén agora que se albisca a recuperación económica. Nesa recuperación xoga un papel fundamental a xente emprendedora, especialmente as mulleres, ás que a Secretaría Xeral da Igualdade trata de favorecer con medidas como o <Emega>“.

O programa ‘Emega’
A Xunta considera necesario levar a cabo actuacións de asesoramento, formación e apoio ás mulleres emprendedoras para axudalas na posta en marcha e modernización das súas empresas para fomentar a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.

Con ese obxectivo naceu o programa ‘Emega’, co que o Goberno galego pretende potenciar que as mulleres se integren no sector produtivo galego poñendo en marcha, mellorando e consolidando as súas iniciativas empresariais a través de diferentes liñas de actuación.
Ludoingenio, S. L.

A empresa que se visitou esta mañá beneficiouse dunha axuda de 21.500 euros en 2014, dentro das liñas ‘Emprende’, ‘Concilia’ e de formación dual. Ademais de ludoteca, a súa actividade centrase na aprendizaxe a través de novas técnicas, dedicándose á formación de formadores e servizos de asesoramento en programas de conciliación a institucións.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies