Inicio Vigo e área Vigo Na celebración do seu 5º Aniversario, Fundamar pide máis recursos públicos para...

Na celebración do seu 5º Aniversario, Fundamar pide máis recursos públicos para a promoción do pescado

celebración-seu-5º-Aniversario-Fundamar-pide-máis-recursos-públicos-promoción-pescado

Fundación para a Pesca e o Marisqueo (FUNDAMAR) con sede en Vigo é a primeira, e aínda a única, fundación deste tipo, non só en España senón tamén en Europa, que xunta as organizacións sindicais e empresariais para traballar en sintonía de cara a un fin común.

A xornada desenvolveuse no salón de actos da Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo (ARVI), onde ten a sede a Fundación e contou coa  presenza da autoridades políticas, sociais e empresariais, entre elas a conselleira do Mar Rosa Quintana, Carmela Silva presidenta da Deputación de Pontevedra, o alcalde de Vigo Abel Caballero, o director xeneral de Ordenación Pesqueira, Carlos Larrañaga; o presidente da Autoridad Portuaria de Vigo, López Veiga; a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez Carballo.

FUNDAMAR fai agora cinco anos que naceu, cun marcado carácter laboral e co propósito de crear, impulsar, dirixir ou participar en proxectos ou actuacións dirixidas a mellorar as condicións sociais e de produtividade de empresas, traballadoras e traballadores relacionados ou dependentes da pesca e o marisqueo.

Para isto foi necesaria a confluencia, acordo e mutuo interese dos actuais membros, ARVI, UGT e CCOO. As tres organizacións de común, sen diferenzas nin diverxencias, con sintonía plena, levan traballando un lustro; acometendo, neste tempo, con altos e baixos, moitos proxectos dirixidos á xente traballadora do mar ou abordando aspectos moi ligados en colaboración coas institucións galegas, mais tamén con outros países de Europa, sempre co mar como temática de fondo.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies