spot_img
InicioVal MiñorNigránO Festival Solpor regresa ao miradoiro de Monteferro coas mellores bandas da...

O Festival Solpor regresa ao miradoiro de Monteferro coas mellores bandas da comarca

O Festival Solpor regresa ao miradoiro de Monteferro coas mellores bandas da comarcaIsius’ e ‘Eladio e os Seres Queridos’ no primeiro día á tardiña e ‘Roma’, ‘Tinta’ e ‘Bafana Bafana’ no segundo serán os protagonistas desta quinta edición con aforo limitado a 500 persoas con inscrición previa en atencioncidada@nigran.org antes do xoves 1 de xullo ás 13:00

O Concello de Nigrán regresa ao mellor escenario do mundo, o miradoiro de Monteferro, para abrir a programación de verán coa quinta edición do festival Solpor os días 2 e 3 de xullo tras o ano 2020 no espazo público de Gaifar. ‘Isius’ e ‘Eladio e os Seres Queridos’ no primeiro día á tardiña (19:00 h) e ‘Roma’, ‘Tinta’ e ‘Bafana Bafana’ no segundo, serán os protagonistas deste Solpor con aforo limitado a 500 persoas mediante inscrición previa en atencioncidada@nigran.org antes do xoves 1 de xullo ás 13:00 (máximo de dúas entradas por solicitude e indicando para qué día ou días sería, nome e apelidos dos asistentes e teléfono de contacto). O festival conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos.

“Tras unha edición no 2020 en Gaifar por cuestións de normativa sanitaria, agora regresamos ao mellor escenario do mundo, o que motivou este festival e do que estamos tan orgullosos. Agardamos que no 2022 a normalidade sexa completa e, con elo, o aforo regrese ao anterior á pandemia”, afirma Juan González, alcalde de Nigrán, quen subliña o outro obxectivo co que naceu Solpor: “apoiar aos mellores músicos da escena local e galega ofrecéndolles o noso mellor escenario e o máis agardado polo público”. “A situación  do mundo da cultura é moi complicada agora mesmo e desde o Concello somos conscientes, por iso seguimos apoiando con máis forza a súa presencia na programación de verán”, reafirma Juan González, alcalde de Nigrán.

Tal e como xurdíu no 2017, o obxectivo é gozar da música ao aire libre  nunha contorna privilexiada, no cumio de Monteferro, un palco proxectado cara ao Atlántico sobre o máis grandioso dos escenarios. Neste enclave único, fronte ás Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas de sal e monte, os “solpores”   permitirán vivir realidades musicais aumentadas: un xeito distinto de desfrutar dun concerto, cos cinco sentidos postos na contorna e sumando ao ritmo das ondas o das mellores actuacións en vivo.

Solpor  Monteferro é unha experiencia musical para gozar sen présa e cos cinco sentidos. Un ano máis, a cervexeira Alhambra colabora con este evento, que xa forma parte de ‘Momentos Alhambra’ ao desenvolverse nun espazo máxico que convida a saborear as súas cervexas ao compás das mellores propostas musicais.

O Concello de Nigrán, xunto a Deputación de Pontevedra, quere con este evento promocionar e por en valor un espazo tan espectacular como Monteferro ao tempo que ofrece aos  grupos locais e emerxentes unha oportunidade de promocionar o seu traballo no mellor dos escenarios posibles. “Desde o goberno local apostamos desde sempre por concertos ao aire libre en lugares de indubidable encanto, como xa é o Nigranjazz na Foz ou como  Vive Nigrán en Praia América-Lourido ou Sona Gaifar en Panxón. Os ‘Solpores’ veñen para quedarse no noso calendario estival.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.