·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO Festival Internacional de Títeres de Redondela comeza a XXI edición con...

O Festival Internacional de Títeres de Redondela comeza a XXI edición con todas as entradas esgotadas

O Festival Internacional de Títeres de redondela comeza a XXI edición con todas as entradas esgotadasTodas as localidades para as funcións de sala están vendidas, ao igual que as de rúa, que por primeira vez e debido á COVID-19, foron necesarias para controlar os aforos

O Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) arranca este martes coa súa edición máis especial e con todas as entradas esgotadas, tanto para sala como para a rúa, que por primeira vez na historia do Festival tamén saíron á venda para garantir o control de aforos derivado da COVID-19.

O pistoletazo de saída darao a compañía galega Eme2, que representará no Multiúsos da Xunqueira o espectáculo de títeres de mesa ‘Contacreques’ ás 20h. Un espectáculo poético, divertido, áxil e desenfadado dirixido ao público familiar, baseado en tres contos clásicos: O Reiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.

A programación de sala continuará o mércores con ‘Error 404’, unha proposta de teatro de actor e varias técnicas da compañía andaluza Ángeles de Trapo ás 20h Un espectáculo sen palabras dirixido á mocidade e a unha sociedade cada vez máis dependente das novas tecnoloxías, que convida a reflexionar sobre o valor da vida e as marabillas que esta nos ofrece. Unha obra galardoada no Festival World Puppet Carnival de Rusia, no Festival de Teatro de Títeres de Albania e no Festival de Títeres de Torun, en Polonia.

Xa o xoves, os protagonistas do Multiúsos serán os madrileños de Cazando Gamusinos, que escenificarán ás 20h ‘Ay pera, perita, pera!’, unha montaxe baseada na historia de Tomasa, que leva máis de 40 anos rexentando un posto no mercado de abastos da súa cidade. O mercado é a súa casa, ademais encántalle a radio, e sempre ten sintonizada algunha emisora de copla ou chotis, as súas músicas favoritas. Tamén lle acompaña unha moza, María, que lle axuda a cargar as caixas e a lembrarlle todo aquilo que Tomasa esquece.

Os galegos de Cinema Sticado converterán o Auditorio da Xunqueira nun plató de cine o venres ás 21h, cunha montaxe de teatro de actor, manipulación de monicreques e obxectos e música, que comporán á vista do público unha película en directo: ‘Pyka’.

Como unha homenaxe ao sétimo arte presentará o sábado ás 21h a arxentina Valeria Guglietti o seu novo espectáculo, ‘Sombra de cine’. Unha proposta de teatro de sombras chinesas proxectadas coas mans á vista do público, que presenta escenas ou personaxes da historia do cine que pertencen á memoria colectiva dos espectadores.

E xa o domingo ás 20h, os redondeláns de Tanxarina Títeres pecharán a programación de sala con ‘A Galiña Azul’, un espectáculo baseado na obra de Carlos Casares que fala da diversidade e da solidariedade, no que empregan diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo actoral, música e cancións, que lle valeu o Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil e o Premio FETEN ao Mellor espectáculo de Títeres no 2018.

Títeres na rúa dende o xoves

A programación de rúa comezará o xoves, co ‘Titiricircus’ de Tanxarina e ‘Caperucita Roja’ dos madrileños de Tropos Teatro, e se estenderá durante toda a fin de semana con máis de 22 representacións teatrais e musicais a cargo de compañías como Le Guignol Ortopédique, Mutis Teatro, Mircromina Títeres, Trécola Marionetas ou Títeres Cascanueces, entre outras.

Todos os recintos estarán acotados e só poderán acceder e ver os espectáculos aquelas persoas que dispoñan de entrada. Os asentos estarán asignados segundo a numeración dos billetes, coa necesaria separación entre núcleos familiares e obrigatoriedade de uso de máscara. Á entrada será imprescindible o uso de xel e control de temperatura por parte da organización.

Camisetas e chapas

Malia que a venda de entradas rematara na semana anterior á celebración do Festival para evitar aglomeracións, as camisolas co personaxe deste ano e as tradicionais chapas continuarán á venda durante todo o Festival. O martes, mércores, xoves e venres, poderanse adquirir nos exteriores do Multiúsos da Xunqueira de 17h a 20h, e durante a fin de semana o horario ampliarase de 12h a 14h e de 17h a 20h.

- Publicidade -spot_img

1 comentario

Comments are closed.

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies