Ata o 30 de xullo haberá actividades para nenos e maiores, xogos infantís, casetas de comida e bebida, concertos e visitas guiadas aos barcos
O festival, que conta co apoio da Xunta de Galicia, permitirá aos visitantes visitar a goleta “Atyla”, buque escola construído en España e inspirado nos barcos do século XVIII, un grande veleiro que navega por Europa ofrecendo viaxes cheas de aventura e aprendizaxes.
Visor Nautilus
Outro dos atractivos do evento serán as visitas ao visor submarino Nautilus, o observatorio baixo o mar onde pode observarse o avance do crecemento da flora e fauna mediante un proxecto ecolóxico no marco da estratexia bluegrowth. Unido a este valor ambiental, Ecoembes realizará o día 28, de 15 a 17 horas, un obradoiro de reciclaxe.
O Nautilus abre as súas portas aos centros educativos de Vigo e a súa área
Hidria Segundo
Tamén se poderá visitar o barco de vapor “Hidria Segundo”, único en toda España, e que ofrece desde un percorrido guiado polo barco ata talleres para grandes e pequenos onde a diversión está asegurada.
O “Hidria Segundo”, o único barco en activo con motor de vapor en España volve a Vigo
“Sons do Porto”
Outro aspecto importante será a música en directo con “Sons do Porto”, concertos con grupos locais e coñecidos Djs no peirao de Trasatlánticos. Serán o venres 28 e sábado 29 desde o anoitecer ata a medianoite, cun pano de fondo incomparable, a ría de Vigo. Tampouco faltará a comida no espazo gastronómico, desde o máis tradicional ata a nova cociña galega.
Goleta Atyla
Esta goleta de orixe vasco non é una réplica, senón que se trata dunha embarcación orixinal inspirada nos veleiros do século XVIII. Despraza 120 toneladas e mide 31 metros de eslora por 8 de manga e 3 de calado. Os seus dous mastros, o maior de 25 metros de altura e o trinquete de 22, sosteñen un aparello que suma 410 m². Xunto co Hidria Segundo é un dos poucos buques de bandeira española inscritos no Rexistro de Buques Históricos.
En Vigo, ofrecerá visitas a bordo e ademais saídas de navegación os días 27 (17 a 20h), 28 (17 A 20h), 29 (17 a 20h) ou 30 (11 a 14h) de xullo.
Tanto para visita o barco de forma gratuíta como para inscribirse nas navegacións (con custo) hai que acceder a https://atyla.org/es/vigo



