
Os días 5 e 6 de xullo abrer a tempada de verán co festival gratuito onde o sol se esconde ao son da música local, rodeados de natureza e coas vistas máis espectaculares. Solpor Monteferro regresa este ano para celebrar a súa séptima edición, da man do Concello de Nigrán.
Experiencia musical: A natureza, o solpor da tardiña e Cervezas Alhambra son a maridaxe perfecta para a música local. Solpor Monteferro conta co patrocinio de Cervezas Alhambra na liña co seu compromiso de apoiar todas aquelas experiencias únicas que convidan a disfrutar sen présa e adicando a cada cousa o tempo que merece. Como novidade, este ano visítanos o grupo británico afincado en Galicia, Immaculate Fools.
Obxetivo: Promover e destacar Monteferro como un espazo sen igual, ofrecer aos grupos emerxentes un escenario inigualable e atraer aos visitantes para coñecer a contorna.
Programa do Festival
VENRES 5 DE XULLO:
- Law: Artista viguesa e unha das promesas musicais da xeración Z. Multidisciplinar, combina hip-hop, soul, reggae e funky nas súas cancións para abordar temas de desigualdade con mensaxes envoltas na melancolía e paixón. Actuou en festivais como Atlantic Fest, Luz en Boimorto e PortAmérica.
- MC4 Rock&Roll: Banda viguesa de versións de Rock and Roll, composta por cinco músicos recoñecidos: Francesco Carini, Óscar Avendaño, David Vázquez, Andrés Cunha e Louza. O seu repertorio inclúe versións de Nancy Sinatra, The Lemonheads, Alaska e Dinarama, Orquestra Mondragón e AC/DC.
- LeSuiteBand: Banda de A Coruña cunha proposta versátil que inclúe un gran repertorio de temas da historia do pop. Desde 2007, participaron en innumerables eventos por toda Galicia, destacando pola súa profesionalidade e elegancia.
SÁBADO 6 DE XULLO:
- Slump: Grupo musical galego que realiza versións de clásicos do pop, rock e disco dende os anos 80 en diante. Formado por Javier Castro, Héctor Pérez, Ralph Miguez e David Cabaleiro, caracterízase pola súa simpatía, posta en escena e vestiario inspirado no manga.
- Immaculate Fools: Grupo británico de pop-rock con tinguiduras folk, formado en 1984 e refundado en 2016 por Kevin Weatherill con músicos españois recoñecidos. Actualmente, Weatherill está fincado en Galicia, onde continúa gravando e tocando en directo tanto no Reino Unido como en Europa co nome Dirty Ray.
“En 1984, la banda británica Immaculate Fools se consagraba en el circuito internacional con una canción que, bautizada como el propio grupo, braceaba con acierto entre el folk y el pop. Desde entonces, cuando partieron hacia la fama desde el condado inglés de Kent, la gente liderada por Kevin Weatherhill ha dado más de un giro copernicano.
La gira comenzó en febrero, con un primer concierto en León. Sólo hay una fecha prevista en Galicia, el 6 de julio en el mirador de Monteferro (Nigrán). En ella acompañará a la banda la violinista Erica Nockalls y Andy Ross, uno de los hacedores del sonido original de los Immaculate.”
Enfoque e Ambiente
Tal como xurdiu en 2017, o obxetivo de Solpor Monteferro permanece inalterado: gozar ao aire libre nunha contorna privilexiada, no miradoiro de Monteferro, un escenario fronte ao Atlántico que agasalla as vistas máis impactantes. Neste enclave singular, diante das Illas Estelas, entre as caricias da brisa mariña e os aromas do mar e da montaña, a caída do sol ofrece unha oportunidade para vivir experiencias musicais enriquecedoras.
Un xeito único de gozar dun concerto, prestando atención a nosa contorna e mergullándonos no ritmo das ondas e nas mellores actuacións en directo. Solpor Monteferro é unha experiencia musical para disfrutar con tranquilidade.
Solpor Monteferro conta un ano máis co apoio de Cervezas Alhambra. A cervexería convida a saborear as súas referencias ao compás das mellores propostas musicais nunha contorna única que converte ao festival nunha experiencia musical para gozar sen présa e cos cinco sentidos.
O Concello de Nigrán, coa colaboración da Deputación de Pòntevedra, quere destacar a beleza e a viveza nun lugar tan espectacular como Monteferro, proporcionando ás bandas locais e emerxentes a oportunidade de promover o seu traballo no mellor dos escenarios.




