Coa chegaga da tempada estival, xa temos todo disposto para que o número deste trimestre chegue ás vosas mans. Falta moi poco, ide reservando o voso exemplar.
Desta volta falamos de:
NO APARTADO DE NOVAS
- Os xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro, propiedade da Deputación de Pontevedra, convértense nun dos puntos incluídos dentro da Ruta dos Xardíns da Camelia de Galicia
- E como a Asociación Piueiro difunde o legado marítimo guardés cunha gran festa en terra e mar na que participan asociacións de Galicia e Portugal
- Tamén recollemos todo o acontecido na entrega de premios da16ª BIENAL INTERNACIONAL DE CARTELISMO TERRAS GAUDA CONCURSO FRANCISCO MANTECÓN
- Soutomaior organizou a II Xornada Enoturística con viticultores e hostaleiros do concello
- Falamos dun proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía para a conservación natural, o obsevatorio na Xunqueira da Ramallosa
- A piques de cumprirse os 800 anos da consagración da Catedral de Tui, quedou constituiída a comisión organizadora desta importante efeméride
MEDIO AMBIENTE
- No apartado Medio Ambiente, recollemos unha nova actuación no marco do proxecto PLANCTON, nesta ocasión con motivo da retirada de dúas toneladas de lixo dos fondos mariños de Bouzas
GRAN ANGULAR
- En Gran Angular poñemos o foco nos Curros de Oia, unha antiga tradición que se celebra en diversas partes de Galicia, se ben os do Baixo Miño presentan unha serie de características específicas que os fan diferentes a outras rapas. No concello de Oia celébranse os curros da Valga (que é o primeiro da tempada), Torroña e Mougás.
GALICIA SOLIDARIA
- Galicia Solidaria o dedicamos á 15ª edición (e última) da “Marcha Solidaria 700 camisetas contra a leucemia”, cunha invitación a seguir dando pasos pola curación desta enfermidade
REPORTAXES
- Rosa Villar fálanos das “Outras formas de diñeiro”. Algunhas das pezas que describe no artigo, foron recuperadas na costa de Baiona e hoxe podemos velas expostas na Casa da Navegación
- No artigo “O Muíño do Porto do Molle”, falamos da tradición muiñeira de Nigrán como un dos elementos máis relevantes e singulares da súa historia, presente dende varios séculos atrás ata a actualidade coa súa restauración
- O pasado mes de maio Redondela converteuse na capital internacional do teatro de títeres coa celebración da edición XXV do seu afamado Festival. Neste 25 aniversario a programación ofreceu todo un abano de actividades complementarias para acompañar á maxia dos espectáculos de marionetas e monicreques tradicionais.
- O pianista e académico, Alejo Amoedo, achéganos á figura de Reveriano Soutullo Otero (Ponteareas, 1880 – Madrid, 1932) co seu artigo “Música de alma galega”
- EN PORTADA. O Prestige xa non é so un desastre illado, o maior deles que sufriu Galicia, é en si unha secuencia fixa de eventos e emocións, unha película en bucle na que estamos atrapados, a pesar de ser as e os protagonistas. Xaquín Pastoriza e Cristóbal López, son os autores do artigo: Prestige, todos os días repetimos: NUNCA MÁIS!
- Desta volta, Alberte Reboreda dedícalle o seu artigo ao empresario e filántropo “Agapito Serra Fernández, o lisboano de Barcia de Mera
- A torre de Tebra é unha das máis vistosas fortalezas galegas. Suso Vila, lévanos da man para descubrir esta Torre Fortaleza, ligada ao lendario de Pedro Madruga
GALAICAS
- O espazo GALAICAS o dedicamos á unha figura extraordinaria que abraiaría a medio mundo ao longo de máis de vinte anos: Carolina Otero (A Bella Otero),
OCIO: Museos/Libros
O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO), acolle a ta o 25 de agosto, a exposición de Daniel Verbis. Desexando Ser.
Decidido a ler máis? Poida que non haxa xénero máis gratificante que o libro curto. Aquí atoparás a nosa proposta para este verán: 16 libros curtos e bos
Lembra que podes atopar a Revista Cousas nos puntos de distribución habituais