spot_img
InicioBaixo MiñoUnha andaina para coñecer o patrimonio de Paramos

Unha andaina para coñecer o patrimonio de Paramos

unha-andaina-para-conecer-o-patrimonio-de-paramosA Asociación veciñal e cultural Laxes de Paramos organiza este domingo unha andaina cultural para dar a coñecer o patrimonio desta parroquia tudense.

Revista Cousas de nº21

Será un percorrido de apenas 6 km onde visitaranse moitos dos lugares de interese desta pequena parroquia de eminente tradición agrícola. Ademais da Igrexa de San Xoán e da Capela de San Caetano, daranse a coñecer os camiños tradicionais, o seu pasado medieval, os muíños, os sistemas de regadío, as fontes e a súa relación coa fronteira e o estraperlo.

Esta andaina será guiada por Cristian Lago, que xa ten realizado diferentes visitas noutras parroquias tudenses, dando a coñecer o patrimonio cultural destas contornas.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O punto de encontro será no Centro Cultural Laxes ás 9h. Esta actividade ten un custe de 5 €, sendo preciso a inscrición no 647074259.

- Publicidade -spot_img