Inicio Val Miñor Baiona O espectáculo Mitic protagoniza unha das semanas más completas do Baiverán baionés

O espectáculo Mitic protagoniza unha das semanas más completas do Baiverán baionés

O espectáculo Mitic protagoniza unha das semanas más completas do Baiverán baionésCine, os concertos de Habitación Vudú e Los Motores, os espectáculos Mitic, o musical dos anos 80 e Asacocirco Show protagonizan a semana

Hoxe martes continúan as actividades culturais programadas polo Concello de Baiona e o seu departamento de Cultura dentro o Baiverán 2020. Logo do éxito de público a pasada semana no concerto de Xabier Díaz e As Adufeiras do Salitre, esta que entra será unha das semanas más completas da programación. Concertos, o aplaudido espectáculo Mitic, un músical dos 80 ou un espectáculo de circo protagonizan a semana.

O cine abrirá esta semana no Parque da Palma. Hoxe, ás 23:00h, proxectarase en pantalla xigante o filme “X-Men: Fénix Oscura”.

O mércores, tamén no Parque da Palma ás 23:00h. da noite, terá lugar o concerto do grupo Habitación Vudú, o cuarteto ourensano composto por Isidro Vidal, José Freiría, Justo Freiría y Rubén Seoane.

O xoves volve a música en directo ao Parque da Palma, tamén ás 23:00h, co concerto do grupo Los Motores, o grupo de rock duro galego orixinario de Vigo que triunfou na década dos 90 e que hoxe volve pisar escenarios.

Unha fin de semana de grandes espectáculos

Chegado o venres, o Parque da Palma convertirase no escenario dunha variada oferta de espectáculos. O venres, ás 23:00h, chega a Baiona o aplaudido espectáculo Mitic. A banda Mitic  realiza un espectáculo que non deixa indiferente a ninguén. Scorpions, Bon Jovi, Edith Piaf, The Mamas & The Papas, Europe o Carlos Gardel son só algúns dos artistas que interpretan a través da gaita.

O sábado, tamén ás 23:00h., terá lugar o concerto musical dos 80 onde o público poderá disfrutar dun espectáculo para rememorar aquela época cos temas más coñecidos daqueles anos.

Xa o domingo, pensando nos máis pequenos e familiar, o público poderá disfrutar da maxia do circo da man de Asacocirco Show. Este espectáculo será as 20:30h., tamén no Parque da Palma.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies