spot_img
InicioCondado ParadantaO Entroido Centenario de Salceda volve con forza para ser festa de...

O Entroido Centenario de Salceda volve con forza para ser festa de interese turístico

O Entroido Centenario de Salceda volve con forza para ser festa de interese turísticoO Entroido de Salceda recupera este ano varias das citas máis importantes, e que caracterizan a cita cultural con máis arraigo no Concello, e unha das máis antigas de Galicia.

O domingo as carrozas e comparsas voltarán desfilar polas rúas da Esfarrapada, na vixésimo terceira edición do desfile institucional, que este ano incorpora unha novidade para facilitar que o público poida apreciar o desfile con máis facilidade. Deste xeito, os dous desfiles emitiranse en directo a través das redes oficiais do Concello, garantindo unha difusión dos eventos universal.

A Casa da Cultura Castelao acolleu onte a presentación da programación do Entroido, nun acto que contou coa presenza do concelleiro de Cultura Álex Rodríguez e da alcaldesa Verónica Tourón por parte do Concello, acompañados de Tere Acuña e José Fernández por parte do barrio da Feira e Javier Martínez e Diego Gándara por parte do Castro Barreiro.

Outra das citas que volve é o tradicional Rancho de Entroido da Feira, recuperado no ano 2018, que fará a actuación e o desfile por distintos puntos da vila acompañado polos Cabaleiros. O Rancho de Entroido de Salceda é único pola súa composición de seis danzantes e dúas damas, e pola súa música e os seus bailes. Este ano, ademais, contará tamén coa participación do Rancho Infantil de Entroido, asegurando así o relevo xeracional dunha tradición centenaria.

Este ano, o Entroido de Salceda vivirá un antes e un despóis, xa que o xoves 24, o pleno da corporación aprobará a Solicitude para a Declaración do Entroido de Salceda de Interese Turístico de Galicia. A memoria que se enviará Turismo de Galicia é froito de máis dun ano de traballo por unha empresa especializada, na que se recollen todas as mostras e singularidades dun Entroido único en Galicia, tal como describíu Alex Rodríguez, que confía en obter o visto bo da Axencia Turística, convertíndose no décimo Entroido de Galicia en ser declarado Festa de Interese Turístico.

Castro e Barreiro e A Feira celebrarán o martes 1 de marzo(festivo local) o seu día grande, coa presentación das súas carrozas e comparsas, nas que participan máis dun cento de persoas de tódalas idades. Ás 17.00 chegarán á Praza do Concello, onde exhibirán o minucioso traballo realizado nas últimas semanas, para posteriormente trasladar a loita ao cruceiro da Fonte da Pedra.

A música, neste caso protagonizada pola Banda Cultural de Salceda tamén volve este ano á programación co Concerto de Entroido, que se celebrará no patio do CEP Altamira. Sen dúbida trátase dunha das citas máis esperadas polos afeccionados e afeccionadas á música. A programación complétase con obradoiros dirixidos ao público infantil e coa primeira edición do Concurso de Filloas doces e salgadas, no que participan 11 establecementos da vila.

O Entroido Centenario de Salceda volve con forza para ser festa de interese turístico

Alex Rodríguez, Concelleiro de Cultura: “Este ano voltamos as rúas, nun Entroido no que a protagonista é a veciñanza, a través das distintas asociacións e colectivos que durante varias semanas traballan na elaboración das súas carrozas e comparsas. Dende o Concello confiamos en que o vindeiro ano a nosa celebración máis arraigada poida contar coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia, outorgándolle así a importancia que merece”.

Verónica Tourón,  Alcaldesa: “Agradecer a todas as persoas que dun xeito ou outro fan posible o entroido e en xeral a toda veciñanza de Salceda o seu esforzo e ilusión por traballar para poñer en marcha de novo o entroido no noso concello e recuperar esta festa tan nosa para a normalidade, despois de dous duros anos de pandemia. Convido igualmente a todas aquelas persoas da comarca, a que se acheguen a Salceda a gozar desta maravillosa festa que é o noso Entroido e a coñecer o noso pobo e toda a beleza da súa cultura e tradicións”.

O Entroido Centenario de Salceda volve con forza para ser festa de interese turístico

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.