spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraO Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle "Camiños. O Camiño e...

O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle “Camiños. O Camiño e as Artes”

O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle "Camiños. O Camiño e as Artes"Onte foi inaugurada no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra a exposición “Camiños. O Camiño e as Artes” que poderá visitarse ata o 21 de marzo
.
A mostra colectiva e multidisciplinar que está comisariada por Tino Lores, reúne as manifestacións culturais do Camiño Portugués a Santiago a través dás obras de máis de trinta artistas e persoas creadoras de Galicia e Portugal e ofrece a posiblidade de achegarte ao Camiño Portugués a Santiago a través da visión que ofrecen desta ruta secular.
.
Entre os nomes propios da pintura luso-galaica, están os de Agustín Pousseu, Álex Vázquez, Amelia Palacios, Ana Corzo, Antón Sobral, Carmen Hermo, Eduardo Deus, José María Barreiro, Kuqui Pazos, Luz Lafuente, Mario Rocha, Puri do Palacio, Xaime Falcón, Gerhard Mader ou o tamén músico Rafael Úbeda.
.
Da arte escultórica nos atopamos con Enrique Velasco Viéitez, Francisco Pazos, Paulo Neves e Suso Balado, así como un apartado de artesanía con pezas anónimas de Barcelos e creacións da zoqueira Elena Ferro e Joaquim Esteves. Ademais, as creacións musicais serán a cargo de Begoña Lorenzo, Edelmiro Luís Mateo García, Noelia Solleiro ou o luthier César Loureiro Sobral, e de danza a través de Glau Fonseca. A escritura estará representada por Carmen Quinteiro, Xaime Toxo e a poetisa Minerva, e no ámbito visual cos fotógrafos Aquilino Valiño, Enrique Ruis, Xulio Gil, e o blogueiro Xoán Arco dá Vella.
O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle "Camiños. O Camiño e as Artes"
O Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra acolle "Camiños. O Camiño e as Artes"
- Publicidade -spot_img