Terras Gauda premia a deseñadores de Estonia, Polonia, Italia e España na Bienal Internacional de Cartelismo – Francisco Mantecón
Tanel August Lind, de Estonia, recibiu o 1º Premio da 15ª Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón. Un galardón dotado con 10.000 euros en metálico. O 1º Accésit Autoridade Portuaria de Vigo viaxou ata Polonia, de onde procede a súa autora: a deseñadora Maria Nolepa. Ao artista gráfico Jesús Barbeito (España) correspondeulle o 2º Accésit; e a Mención Especial ha recaído no profesional italiano Tommaso Gianno. Cada un destes premios ten unha asignación económica de 2.000 euros, polo que a adega repartiu en total 16.000 €.
O fallo do xurado deuse a coñecer na cerimonia presidida por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia en funcións. Máis de 500 personalidades do mundo cultural, social, político, empresarial e académico congregáronse na Estación Marítima de Vigo. Entre os asistentes: a vicepresidenta 2º do Congreso dos Deputados, Ana Pastor e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, entre outros.
O fallo do xurado deuse a coñecer na cerimonia presidida por Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia en funcións. Máis de 500 personalidades do mundo cultural, social, político, empresarial e académico congregáronse na Estación Marítima de Vigo. Entre os asistentes: a vicepresidenta 2º do Congreso dos Deputados, Ana Pastor e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, entre outros.
48 finalistas de 20 países
Unha gran maioría dos 48 finalistas participaron na velada. Proceden de 20 países: Alemaña, Austria, Bulgaria, Eslovaquia, Estados Unidos, Estonia, España, Finlandia, Francia, Italia, Irán, Israel, Casaquistán, México, Polonia, Portugal, República Dominicana, Romanía, Rusia e Serbia.
O Presidente do Grupo Vitivinícola Terras Gauda, José Mª Fonseca Moretón, agradeceu a todos os deseñadores o seu talento e creatividade para demostrar que a capacidade expresiva e o poder de comunicación dun cartel son indiscutibles na sociedade actual; un dos obxectivos da Bienal, a de maior envergadura convocada por unha entidade privada a nivel mundial. “Defendemos que a arte, e concretamente o cartelismo, únenos. Conéctanos e comunica. A un galego cun xaponés, a un italiano cun libanés. A un mexicano cun neozelandés. A arte non ten fronteiras e o cartelismo está máis vixente que nunca”, finalizou a súa intervención.
15 anos de Bienal: máis de 20.000 carteis de 100 países
Máis de 20.000 carteis de 100 países de todo o mundo participaron nestas 15 primeiras edicións: consagrados deseñadores gráficos e ilustradores, mozos creadores, estudos de deseño, así como estudantes e profesores de universidades dos cinco continentes, confirmando a pluralidade e diversidade tanto xeográfica como do perfil dos concursantes.
1.249 carteis de 64 países en 2022
A participación máis elevada de Europa correspondeu, ademais da España, a Austria e Italia, con 112 e 99 carteis, respectivamente. Polonia, Alemaña e Portugal tamén teñen unha representación notable.
De América, o país con máis obras é Estados Unidos: 89. Desde México, 58. Ademais, de Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, #Ecuador, Panamá, Perú e República Dominicana. Deseñadores de seis países de África (Mauricio, Marrocos, Tunes, Ruanda e Zimbabwe) enviaron os seus orixinais. Desde Asia: China, Xapón, Taiwan, Filipinas ou Casaquistán, entre outros. É significativa a presenza de carteis de Oriente Próximo: Chipre, Xeorxia, Irán, Israel, Líbano, Turquía e Iemen. E de Oceanía, Australia.
Javier Mariscal deseña un mapa de Galicia para Bdegas Terras Gauda
Javier Mariscal deseñou un mapa de Galicia para Terras Gauda, que presentou durante a súa participación, como membro do xurado, na entrega dos premios da 15ª Bienal Internacional de Cartelismo – Concurso Francisco Mantecón.

O presidente do Grupo Terras Gauda, José Mª Fonseca Moretón, e o vicepresidente executivo, Antón Fonseca Fernández, quixeron obsequiar a Alberto Núñez Feijóo co mapa nº1. O orixinal foi personalizado in situ por Javier Mariscal, que ilustrou Os Peares e a súa emblemática ponte como chiscadela á localidade de orixe do presidente da Xunta en funcións, ao que tamén lle escribiu unha dedicatoria de recordo.
O mapa ten o selo identificativo de Javier Mariscal, que ha reinterpretado co seu estilo propio os principais monumentos históricos, as localidades máis significativas e os recunchos con máis encanto, tanto do interior como da costa galega. O orixinal colocarase no interior de Bodegas Terras Gauda co obxectivo de dar valor engadido e potenciar as visitas do plan de enoturismo
XORNADAS DE PUERTAS ABERTAS
Os 48 finalistas e premiados optan a deseñar o cartel para promocionar as 12ª e 13ª s xornadas de portas abertas das rutas do viño das cinco denominacións de orixe galegas.
O prazo para presentar as obras en formato dixital finaliza o 17 de xuño. Cada un dos premios está dotado con 5.000 euros. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidirá o xurado, do que tamén formarán parte o deseñador Javier Mariscal e Marcelo Ghio, director de Experimenta.





