spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorSoutomaior celebra a súa I Feira da Ciencia

Soutomaior celebra a súa I Feira da Ciencia

Soutomaior celebra a súa I Feira da CienciaA alameda Tallo Rio de Arcade acolleu a celebración da primeira feira científica organizada polo Concello de Soutomaior. Unha iniciativa enmarcada dentro do programa Divulgaciencia, organizado pola Concellería de Educación, que contou coa participación de alumnos de secundaria de todos os centros educativos do municipio.

Revista COUSAS DE Nº13

A primeira Feira da Ciencia de Soutomaior incluíu cun amplo abanico de actividades e propostas para públicos de todas as idades. Desde primeira hora levaron a cabo talleres interactivos con contidos adaptados a todos os niveis educativos como o de Cociña molecular, no que se explicaban os principios básicos da química mentres se preparaban deliciosas receitas, ou o de Marie Curie, que tiña á electricidade como protagonista.

O papel principal da Feira estaba reservado para as casetas nos que os alumnos expoñían os seus traballos a todos os visitantes. Así, os mozos científicos puideron resolver as dúbidas dos asistentes, divulgar o traballo realizado e comentar os resultados obtidos durante a súa investigación.

O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, inaugurou esta mañá a actividade e visitou persoalmente todas as casetas para compartir impresións cos participantes e agradecer a súa colaboración no proxecto. Alí, o rexedor explicou que o obxectivo desta iniciativa é fomentar a vocación científica entre a mocidade. “Un obxectivo que sen dúbida está cumprido a teor da calidade e a implicación dos estudantes”, indicou Reguera, que resaltou que “os traballos son dunha calidade e agudeza impresionante”.
- Publicidade -spot_img