spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraO CSIC participa un ano máis no Salón do Libro Infantil e...

O CSIC participa un ano máis no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

O CSIC participa un ano máis no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de PontevedraA iniciativa, na que participan a autora do libro, María Solar, e Luisa Martínez e Marta López polo CSIC, poderase seguir en streaming

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) participa mañá nunha nova edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. A primeira vez que a institución participou no Salón foi no ano 2015. Nesta ocasión, o CSIC participa nunha actividade que xira sobre o libro “Os nenos da varíola” e na que a autora da obra, María Solar, conversará con Marta López, científica do CSIC e xefa do grupo Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños de Instituto de Investigacións Marinas (CSIC, Vigo), e Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia (Delegación Institucional).

A idea parte das “Conversas entre Ciencia e Literatura”, organizadas pola Editorial Galaxia e a Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, nos anos 2017, 2018 e 2019 coas que que percorreron centros de ensino, teatros e auditorios de Galicia.

A primeira vez que a institución participou no Salón foi no ano 2015. Nesta ocasión, o CSIC participa nunha actividade que xira sobre o libro “Os nenos da varíola” e na que a autora da obra, María Solar, conversará con Marta López, científica do CSIC e xefa do grupo Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños de Instituto de Investigacións Marinas (CSIC, Vigo), e Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia (Delegación Institucional).

Nelas, María Solar, Marta López e Luisa Martínez debateron sobre conceptos científicos relacionados coas vacinas, abordando o contexto histórico no que se desenvolve a novela, o proceso de documentación que levou a cabo autora do libro e a importancia do método científico. O seu cometido foi o de dar a coñecer a base científica das vacinas e a relevancia que tivo a Real Expedición Filantrópica que partiu da Coruña hai pouco máis de 200 anos.

O Faladoiro Literario Científico organizado polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e que conta coa participación do CSIC, poderase seguir presencialmente (previa reserva de praza) ou en streaming a través da páxina do Salón.

A participación do CSIC no Salón do Libro Infantil e Xuvenil iniciouse no ano 2015 con obradoiros para centros escolares e familias, charlas… arredor dalgunha das liñas de investigación que a institución leva a cabo en Galicia. Continuo en 2016 (XVII edición, “Canta bichería!!), 2017 (XVIII edición, “O mundo que queremos”), 2018 (XIX edición, “Mulleres de Conto”) e 2019 (XX edición, “A revolución”).

Máis información www.salondolibro.gal

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.