Inicio Pontevedra O Salnés O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento acorda adquirir dous vehículos, por...

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento acorda adquirir dous vehículos, por 568.700 euros, para os parques de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa

Consorcio-Provincial-contra-Incendios-Salvamento-acorda-adquirir-dous-vehículos-568.700 euros-para-parques-Ribadumia-Vilagarcía de ArousaO Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Pontevedra acordou aprobar, nunha sesión ordinaria mantida hoxe no Pazo provincial e presidida por Rafael Louzán, a adquisición de dous vehículos para os parques de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa. Na mesma sesión acordouse, así mesmo, subscribir convenios con Autopistas do Atlántico (AP-9), coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e con Gas Natural Fenosa.

A compra, con cargo ós remanentes do Consorcio, de dous vehículos autobomba urbanos lixeiros para os parques de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa ten un presuposto de licitación de 568.700 euros.

Subscribe convenios con Audasa, para a libre circulación pola AP-9; coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, para desenvolver programas de formación e para a extinción de incendios; e con Gas Natural Fenosa, para establecer un sistema de alertas e actuacións nas centrais de Frieira, Caudal Ecolóxico e Dorna

A súa adquisición está motivada pola antigüidade dos dous vehículos de tipo pesado que están a prestar servizo nos citados parques. Estes vehículos, de 12 anos, presentan diversas carencias derivadas do seu uso e do paso do tempo, o que repercute na prestación e calidade do servizo e na propia seguridade dos traballadores.

En virtude do convenio aprobado coa AP-9, a concesionaria Audasa dotará os vehículos do Consorcio Provincial do dispositivo de pago por telepeaxe (OBE), para que o tránsito pola autopista sexa rápido e gratuíto. A cambio, o Consorcio prestará os seus servizos contra incendios na AP-9, dentro do seu ámbito xeográfico de actuación, cando sexa requirido.

No convenio coa Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa establécese a achega de 7.500 euros anuais ó Consorcio, por parte desta institución, polos traballos realizados sobre asesoramento, desenvolvemento de cursos para o persoal da Autoridade Portuaria, supervisión da súa rede e dos equipos contra incendios e extinción de incendios a bordo de buques

Finalmente, o Pleno do Consorcio Provincial contra Incendios acordou subscribir un convenio con Gas Natural Fenosa para realizar intervencións nas centrais hidráulicas de Frieira, Caudal Ecolóxico e Dorna. Neste acordo establécese que Gas Natural Fenosa lle achegue 3.000 euros anuais ó Consorcio para que este dispoña dun sistema de comunicación, a través do servizo de emerxencias 112 Galicia, que asegure a recepción da petición de intervención nas centrais hidráulicas e envíe os efectivos adecuados no menor tempo posible. O convenio tamén contempla o desenvolvemento dun programa de formación do persoal.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies