Inicio Pontevedra O concurso de tapas de Baiona "Bai de Tapas" 2015 dáse a...

O concurso de tapas de Baiona “Bai de Tapas” 2015 dáse a coñecer á prensa

 

concurso-tapas-Baiona-"Bai de Tapas"-2015-dáse-coñecer-prensa

 

Unha decena de medios de comunicación locais e gastronómicos acudiron á presentación da 4ª edición do concurso de tapas de Baiona que se celebrou hoxe xoves na Pulpería Balneario.

Ao acto acudiron tamén diversos representantes do Concello de Baiona, encabezados polo Alcalde Jesús Vázquez Almuiña, da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, presidida por Marcos Comesaña, ademais das adegas patrocinadoras do concurso: Adegas HGA, Adegas Escudeiro e Disgobe Selección de Vinos, representadas por Iago González e Carlos Montero.

Bai de tapas 2015María Iglesias, Concelleira de Turismo, explicou aos asistentes o crecemento deste evento, dende a súa primeira edición no ano 2012, e adiantou as novidades que as adegas patrocinadoras achegan ao concurso: a primeira consiste nun premio dunha noite de hotel para dúas persoas en Talaso Augas Santas (Panton-Monforte) incluíndo cea, almorzo, percorrido mariño e visita guiada ás Adegas Regina Viarum con degustación de viños, que se sorteará entre os participantes que opten aos premios do concurso. E a segunda novidade é a achega dun premio para os tres locais creadores das tres tapas máis votadas polo público que consistirá nun percorrido mariño e comida no Talaso Atlántico de Oia, ademais dun lote de viños.

A Pulpería Balneario foi o lugar elixido para a presentación ao ser os creadores da tapa gañadora na pasada edición de 2014. David González, xerente do establecemento, presentou aos medios de comunicación as tres tapas que terán dispoñibles durante os 25 días de concurso: dúas tapas salgadas e unha doce, que recibiron críticas moi positivas por parte dos asistentes

Bai de tapas 2015

Ademais destas tres, Bai de Tapas 2015 contará cunha ampla selección de tapas para tódolos gustos: doces ou salgadas, tradicionais ou innovadoras, estilo rexional ou internacional, que se poderán degustar dende hoxe ata o 31 de maio, nos 38 establecementos participantes ao prezo de 2 € ou 3’50 €, se se combina cun dos viños que patrocinan o concurso: Albariño Albanta (D.O. Rías Baixas), Mencía Vía Imperial (Ribeira Sacra) e o Rioja Solar de Becquer, que pertencen ás Adegas HGA, Escudeiro e ao distribuidor Disgobe Selección de Vinos.

Bai de tapas 2015Os locais participantes son os seguintes: A Trastenda Tapas, Acuarela, Asómate, Atajo Cervecería, Bibendum, Bocatería Baioca, Café Bar Begoña, Café Cerchas, Café Vagalume, Cafetería Anunciada, Cafetería Monterrey, El Túnel, Fonte de Zeta Mesón,Gold Bar, Gordo Gastrobar, Helados Gamela, La Boquería, La Crep, La Micro, La Paleta del Pintor, La Real,  Mesón Fidalgo, O Rincón Tapería, Parador De Baiona, Pulpería Balneario, Pulpería Oleaxe, Recuncho Mariñeiro, Restaurante Asador Casa Soto, Restaurante Rizón, Ristorante Capone, Rústico Tapería – cervecería, Taberna A Capela, Taberna Mendoza, Taberna Novo Marrucho, Tapería Casanova, Tapería La Abuela, Tapería-pizzería El Patio e Tapería San Xoán.

Bai de Tapas está organizado pola Concellaría de Turismo de Baiona, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (Aceba), e patrocinado por Adegas HGA, Adegas Escudero e o distribuidor Disgobe Selección de Vinos.

Máis información: Concejalía de Turismo de Baiona; 986 38 59 24; turismo@baiona.org Facebook: https://www.facebook.com/BAIdeTAPASxBAIONA

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

680FansGóstame
290SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies